Murguía é un apelido éuscaro. En orixe facía referencia ao lugar de residencia ou procedencia da persoa, coincidente co topónimo Murgia, no concello arabés de Zuia.

En xaneiro de 2023 non existían persoas en Galicia co apelido Murguía, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Murguía na Web do Instituto Galego de Estatística

Uso En Galicia, é un apelido de sona por levalo o escritor e historiador galego Manuel Murguía (1833-1923), e os fillos que tivo con Rosalía de Castro (1837-1885): Alejandra (1859-1937), Aura (1868-1942), Gala (1871-1964), Ovidio (1871-1900), Amara (1873-1921), Adriano (1875-1876) e Valentina (1877, nada morta).

Na honra de Manuel Murguía, a revista da Asociación Galega de Historiadores chámase Murguía. Revista Galega de Historia.

Notas

Categoría:Apelidos éuscaros