Varberg é un concello sueco no condado de Halland. A súa capital é a localidade de Varberg.

Ao sur do concello hai unha chaira costeira con outeiros illados que cara o norte pasa a unha paisaxe de val de fractura. Na parte oriental atñopase a meseta meridional de Suecia, con bosques de coníferas, turbeiras e lagos. A principios da década de 2020 o maior empregador do concello era a administración pública, seguida pola industria manufactureira e o comercio.

Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva, chegando a 69 070 no ano 2024.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Halland