Juan de Acosta é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Atlántico. Segundo o censo de 2015 tiña unha poboación de 11.358 habitantes. Limita polo norte co mar Caribe, ao nordeste co concello de Tubará, ao leste co concello de Baranoa, ao sur cos concellos de Piojó e Usiacurí e polo oeste co mar Caribe. Atópase a 40 km de Barranquilla, á que se accede pola estrada de Algodón e a autoestrada ao Mar.

División político administrativa Ademais da cabeceira municipal, Juan de Acosta ten baixo a súa xurisdición os seguintes centros poboados: Bocatocino Chorrera San José de Saco Santa Verónica

Notas

Categoría:Concellos do Atlántico