Ronneby é un concello sueco no condado de Blekinge. A súa capital é a localidade de Ronneby.

A topografía do municipio divídese en diferentes zonas de altitude, a maioría das cales están cubertas de bosque. Unha meseta primitiva érguese ao norte pero transfórmase en chairas ao sur.

Dende mediados dos anos 80 o sector servizos ten un papel cada vez maior dentro da economía local. Con todo, tradicionalmente, a economía local estivo dominada pola administración pública, a silvicultura, a agricultura e a manufactura a pequena escala.

Dende a fundación co concello en 1971 a súa poboación mantívose estable e no ano 2024 tiña 28 741 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Blekinge