Ángel Domingo López Ruano, coñecido como Ángel, nado nas Palmas de Gran Canaria o 10 de marzo de 1981, é un exfutbolista español, que xogaba de defensa ou centrocampista. Foi internacional coa selección española.

Traxectoria Logo de xogar nas categorías inferiores e nos equipos B e A do UD Las Palmas, Ángel chega ao Celta no mercado de inverno da tempada 2002-03, con Miguel Ángel Lotina no banquiño celeste. Esa tempada acabou disputando 15 partidos. O seu debut produciuse un 9 de febreiro de 2003, contra o Mallorca, nun encontro que o Celta gañou 0-2. Ángel xogara de titular como interior dereito.

Custoulle ter un sitio no equipo e convencer a afección. Foi con Fernando Vázquez en Segunda División cando se fixo un imprescindible no once titular. O adestrador xa o coñecía do seu paso polo Las Palmas. Tiña contrato co Celta ata o ano 2012, pero no 2007 marchou ao Villarreal.

O adestrador da selección española Luis Aragonés cconvocouno por primeira vez o 10 de novembro de 2006. O seu debut como internacional tivo lugar o 16 de novembro de 2006 no amigábel España-Romanía (0-1), onde xogou de titular durante 73 minutos. Repetiu o 7 de febreiro de 2007 ante Inglaterra, onde xogou 45 minutos. O seu debut en partido oficial foi o 24 de marzo de 2007, cando foi titular no España-Dinamarca (2-1), nun partido de clasificación para a Eurocopa de fútbol 2008, e onde recibiu un cartón amarelo.

Características Aínda que comezou como mediocentro, reconverteuse a lateral dereito (con Fernando Vázquez), posición na que xogou varias tempadas. Tecnicamente bo, posuía unha boa condición física.

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbol.sportec.es

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España