Marcel Bonn, nado o 25 de xaneiro de 1981 en Düsseldorf (daquela RFA) e finado en Mallorca o 1 de marzo de 2025, coñecido profesionalmente polo alcume de Tim Kruger, foi un actor, produtor e director de cinema pornográfico alemán. A súa carreira durou dúas décadas e foi coñecido pola produtora e sitio web TimTales, fundada en 2009, centrados no porno gai, e onde cultivou a estética "afeccionada".
Traxectoria Profesionalmente, formouse en administración de empresas.
Na mocidade Kruger mudouse a Berlín, onde comezou a traballar nunha tenda de artigos e contidos pornográficos. Desde alí iniciou os seus contactos para traballar na industria do cinema pornográfico, que comezou en 2006. Kruger saíu en producións de varios estudios, incluíndo Cazzo Film, Hot House, e Raging Stallion Studios. Actuou en filmes coma DeskTops, Pizza Cazzone, Tim's Tool, Wood Work, Hot House Backroom, Vol. 10 ou The Deep End.
En 2009, Kruger e mailo mozo, Grobes Geraet, botaron a andar unha produtora de seu, TimTales, que tiña tamén un espazo de venda online de contido pornográfico (curtametraxes e mediametraxes). Kruger facía de director, produtor e actor, e o mozo de operador de cámara. A produtora e o web centráronse no cinema porno gai, e nun estilo realista "afeccionado" (a ficción consiste en simular que as persoas e as escenas en que actúan non son profesionais). O feito de contar con produtora de seu non lle impediu seguir actuando para outras produtoras.
Vida persoal En 2005 comezou a saír co tamén alemán Grobes Geraet e en 2011 mudáronse a vivir a Barcelona.
Kruger finou na casa aos 44 anos. Algunhas fontes sinalan Barcelona, pero a edición balear do xornal Ara apunta a Mallorca. O mozo fixo público un comunicado onde, se ben non sinalaba exactamente a causa do falecemento, mencionaba que fora un accidente e que non fora nin suicidio, nin morte violenta, nin sobredose.
Notas
Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Düsseldorf Categoría:Actores porno de Alemaña Categoría:Actores de porno gai Categoría:Finados en accidente Categoría:Personalidades sen imaxes