Åsele é un concello sueco no condado de Västerbotten, na rexión de Laponia. A súa capital é Åsele, a única localidade do municipio.

Trátase dun concello de interior e a través del flúen os ríos Gideälven e Ångermanälven. O parque nacional Björnlandet atópase no sueste do municipio. A silvicultura é a industria básica tradicional, pero está sendo substituída cada vez máis pola industria do metal e a agricultura. A industria turística está tamén en crecemento.

Dende os anos 70 o concello foi perdendo poboación e en decembro de 2024 tiña 2 694 habitantes, sendo o quinto concello con menos poboación de Suecia.

Historia administrativa A área do concello correspóndese á das parroquias de Fredrika e Åsele. Nesas dúas parroquias creáronse dous concellos rurais co mesmo nome cando a reforma municipal de 1862 implantouse en Laponia.

A localidade municipal de Åsele estableceuse o concello rural do mesmo nome o 5 de xullo de 1901 e disolveuse en 1959 ao crearse o köping de Åsele despois da transformación do municipio.

A reforma municipal de 1952 non tocou as divisións da zona, xa que non Västerbotten nin Norrbotten víronse afectadas pola mesma.

O actual concello de Åsele formouse coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do köping de Åsele. No ano 1974 incorporáronse os concellos de Fredrika e Dorotea, pero en 1980 Dorotea separouse estableceuse como concello.

Xeografía O concello de Åsele atópase na parte sur do condado de Västerbotten e limita ao sur cons concellos de Sollefteå e Örnsköldsvik, os dous no condado de Västernorrland, ao oeste co de Dorotea, ao noroeste co de Vilhelmina, ao norte co de Lycksele, e ao leste co de Bjurholm, todos en Västerbotten.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västerbotten