A rúa de Policarpo Sanz é unha vía urbana da cidade de Vigo. Comeza na confluencia da rúa Colón e a avenida de García Barbón, e finaliza na porta do Sol. Posúe apenas 400 metros de lonxitude, e é sede de grandes edificios senlleiros, converténdoa nunha das principais vías da cidade.
Toponimia O nome da rúa deriva do industria e mecenas galego marinés Xosé Policarpo Sanz. Recibiu dita denominación no ano 1889.
Historia
Informes arqueolóxicos determinan que, previo á urbanización da cidade, a rúa de Policarpo Sanz non era máis que unha vaguada* pola que baixaba un pequeno regato ata onde hoxe se atopa o Teatro Afundación. Constituíu un dos principais viais da cidade no século XX, e estaba comunicada por tranvía.
Morfoloxía e urbanismo miniatura|Edificio El Moderno, outrora hotel e agora vivenda residencial.|esquerda A rúa de Policarpo Sanz constitúe, pola súa importancia arquitectónica e urbanística, unha das rúa máis relevantes da cidade. A rúa posúe dous carrís por sentido, aínda que un dos carrís en dirección porta do Sol é un carril bus. Ten grandes beirarrúas, con parterres e pequenos arbustos.
En canto aos edificios, predominan construcións de non máis de seis andares, de estilo modernista con grande influencia francesa.
Edificios senlleiros Edificio Banco de Vigo ou "Banco Pastor". Casa Enrique Lagos. Edificio promovido por Enrique Lagos Navajas y deseñado polo arquitecto francés Michel Pacewicz en 1901. Edificio Sanchón Edificio El Moderno. Nº 1. Edificio do Banco Popular Teatro Afundación. Nº 13A. Casa das Artes. Nº 15. Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Plan Palacios
Categoría:Rúas de Vigo