Alta mar é unha serie de televisión española orixinal de Netflix, de tres tempadas, producida pola galega Bambú Producciones. Foi protagonizada por Ivana Baquero, Alejandra Onieva e Jon Kortajarena, entre outros, e estreouse o 24 de maio de 2019.

Sinopse Nos anos 40, nun transatlántico con pasaxeiros que viaxan de Europa a América en busca dun futuro mellor, van as irmás Carolina (Alejandra Onieva) e Eva (Ivana Baquero), pasaxeiras, e mais un oficial, Nicolás Vázquez (Jon Kortajarena). Xa en travesía asasinan unha muller, que non se atopa na lista de pasaxeiros e que ninguén lembra.

Repartimento Primeira tempada (2019) Ivana Baquero – Eva Villanueva Jon Kortajarena – Nicolás Vázquez Alejandra Onieva – Carolina Villanueva Eloy Azorín – Fernando Fábregas Chiqui Fernández – Francisca de García Tamar Novas – Sebastián de la Cuesta Daniel Lundh – Pierre Manuela Vellés – Luisa Castro (pseudónimo Sofía Plazaola) Natalia Rodríguez – Natalia Fábregas Laura Prats – Clara Romero Ignacio Montes – Dimas Gómez Begoña Vargas – Verónica de García Luis Bermejo – Carlos Villanueva (pseudónimo Mario Plazaola) Pepe Ocio – Doutor Álvaro Rojas

Coa participación de Ben Temple – Acredor

Coa colaboración de Félix Gómez – Aníbal de Souza Antonio Durán "Morris" – Detective Varela Eduardo Blanco – Capitán Santiago Aguirre José Sacristán – Pedro Villanueva

Segunda tempada (2019) Ivana Baquero – Eva Villanueva Jon Kortajarena – Nicolás Vázquez Alejandra Onieva – Carolina Villanueva Eloy Azorín – Fernando Fábregas Chiqui Fernández – Francisca de García Tamar Novas – Sebastián de la Cuesta Daniel Lundh – Pierre Manuela Vellés – Luisa Castro Natalia Rodríguez – Natalia Fábregas Laura Prats – Clara Romero Ignacio Montes – Dimas Gómez Begoña Vargas – Verónica de García Luis Bermejo – Carlos Villanueva Pepe Ocio – Doutor Álvaro Rojas Claudia Traisac como Casandra Lenormand (nacida Carmen Marín)

Coa colaboración de Antonio Durán "Morris" – Detective Varela Eduardo Blanco – Capitán Santiago Aguirre José Sacristán – Pedro Villanueva

Terceira tempada (2020) Ivana Baquero – Eva Villanueva Jon Kortajarena – Nicolás Vázquez Alejandra Onieva – Carolina Villanueva / Diana Eloy Azorín – Fernando Fábregas Marco Pigossi – Fabio Daniel Lundh – Pierre Natalia Rodríguez – Natalia Fábregas Ignacio Montes – Dimas Gómez Begoña Vargas – Verónica García Cristina Plazas – Carmen Pep Antón Muñoz – Doutor Ayala Noelia Castaño – María Itsaso Arana – Anna Nicolás Francella – Héctor Birabent Claudia Galán – Chantal Vázquez

Coa colaboración de Antonio Durán "Morris" – Detective Varela Eduardo Blanco – Capitán Santiago Aguirre Jorge Blass – Mago José Sacristán – Pedro Villanueva Produción En xuño de 2018 anunciouse que a serie a produciría a galega Bambú Producciones, que xa producira Las chicas del cable e El crimen de Alcasser. Foi a cuarta serie de Netflix producida en España. En outubro daquel ano anunciouse o repartimento, con Alejandra Onieva, Ivana Baquero e Jon Kortajarena como protagonistas. A serie creárona Ramón Campos e Gema Neira, e dirixiuna Carlos Sedes, todos os tres galegos e parte do equipo habitual de Bambú Producciones.

A rodaxe iniciouse o 29 de outubro de 2018. Algunhas escenas rodáronse no Real Sitio de San Ildefonso. Inicialmente o plan era para que a serie tivese unha soa tempada de 8 episodios, pero en novembro dese ano xa se confirmou que en realidade eran dúas tempadas. A rodaxe da primeira tempada rematou o 2 de febreiro de 2019 e xa a seguir, o 18 de marzo de 2019, se iniciou a rodaxe da segunda tempada, que acabou o 28 de xuño de 2019.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2020