A Fabrique d'armes Émile et Léon Nagant, máis tarde coñecida como L. Nagant & Cie, Lieja, foi unha empresa belga establecida en Liexa en 1859 como fabricante de armas de fogo e máis tarde de automóbiles.

Historia A empresa fundárona orixinalmente os irmáns Émile (1830–1902) e Léon (1833–1900) como unha empresa de reparación industrial, que incluía a reparación de armas de fogo danadas. En 1867, os irmáns Nagant entraron no mercado de armas de fogo cando a súa empresa recibiu unha licenza Rolling Block para producir 5.0000 rifles Remington Rolling Block para os Zuavos pontificios, máis tarde adaptaron o deseño de bloques rodantes para producir escopetas de dobre canón baixo o nome de "Remington-Nagant".. A compañía é máis coñecida pola contribución de Émile ao deseño do fusil de servizo ruso Mosin–Nagant, adoptado en 1891. Esta introdución á administración militar do Tsar levou á adopción do revolver Nagant M1895 (deseñado por Léon) como o seu arma de man estándar. Ao ano seguinte, a progresiva cegueira de Émile levou á súa retirada da firma que pasou a chamarse "L. Nagant & Cie, Liège", e a Léon uníronse os seus fillos Charles e Maurice.

Fabricación de coches Posteriormente, a firma pasou á fabricación de automóbiles; Nagant comezou coa construción de coches baixo licenza da firma francesa Gobron-Brillies e máis tarde Rochet-Schneider. Os coches Nagant fabricáronse entre 1900 e 1928. Os motores con válvulas en cabeza apareceron despois da Primeira Guerra Mundial, momento no que a compañía fabricaba uns 200 coches ao ano. A empresa Automóbiles Impéria comprou a empresa en 1931.

Modelos Modelo Ano de construción Cilindros Capacidade cm³ OutrofotoPrototipo18962565 Deseñado por Raoul De MeuseGobron-Brillié1900–1904Licenza Gobron-Brilliésans_cadre|150x150pxLa Locomotrice1905–191346082Licenza Rochet-Schneider, tamén chamada 24 CV 24 CV1907–191140 CV1907–191114/16 CV1909–1911sans_cadre|150x150px10/12 CV1911–19134181635/45 CV1911–19134529580001913–191441816tamén chamado 10/12 CV 7000 I1913–191443054tamén chamado 14/16 CV 7000 II1913–191443308tamén chamado 18/24 CV 90001913–191443817tamén chamado 20/28 CV 6000 I1913–191444589tamén chamado 24/30 CV 6000 II1913–191445295tamén chamado 30/40 CV 20/25 HP1914–19144453620001919–192143016sans_cadre|150x150px10 CV1921–19224195415 CV1921–192642121tamén chamado 1000 ou 1000 Csans_cadre|150x150px11 CV1922–192342001Sucesor 10 CV20 CV1925–192862931Ricardo1926–192861981, 2200 e 2350

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Automóbiles Impéria

Ligazóns externas

Categoría:Fabricantes de automóbiles