O lago Enol é un pequeno lago de montaña localizado nos Picos de Europa, na cordilleira Cantábrica asturiana. Está próximo ao lago Ercina e xuntos forman o conxunto coñecido como lagos de Enol, dentro do Parque Nacional dos Picos de Europa. Situado a uns 10 km de Covadonga e a uns 25 km de Cangas de Onís, é o maior dos lagos de Enol.
Características miniatura|esquerda|300px|O lago Enol con neve.O lago Enol está a 1.134 metros de altitude e a súa profundidade máxima é de 25 metros, cunha lonxitude máxima de 750 metros e unha anchura de 400 metros. As características de similitude co lago Ercina están ligadas á súa orixe (ambos os dous teñen unha orixe glaciar) e por suposto, a súa situación xeográfica, xa que se encontran separados pola picota de Enol mediando entre eles unha distancia inferior a seiscentos metros.
Cultura popular No lago atópase mergullada unha imaxe da virxe de Covadonga, que cada 8 de setembro se eleva para sacala en procesión.
Véxase tamén
Outros artigos Lagos de Enol
Enol Categoría:Picos de Europa Categoría:Cangas de Onís