A rúa de Cánovas del Castillo é unha vía urbana da cidade de Vigo. Comeza na intersección das rúas de Montero Ríos, As Avenidas e García Olloqui, e percorre o litoral vigués paralela ao paseo marítimo das Avenidas, até confluír coa rúa de Teófilo Llorente, case na praza do Berbés. Ten unha lonxitude de 500 metros. Baixo esta vía discorre, soterrada, a avenida de Beiramar.

Toponimia miniatura|esquerda|Antonio Cánovas del Castillo, orixe onomástico da rúa.|217x217px A denominación da rúa provén de Antonio Cánovas del Castillo, un político e historiador nado en Málaga en 1828, e artífice do sistema político español da Restauración borbónica. miniatura|Antigo hospital da Cruz Vermella Cánovas del Castillo resultou un actor fundamental para o desenvolvemento da cidade ao ser un dos artífices da mellora de conexións ferroviarias de Vigo coa península. Presidiu a sociedade adxudicataria da liña de ferrocarril que unía Madrid con Vigo, e impulsou a construción do tramo Vigo-Ourense. O proxecto final, presentado en 1860, incluía a Vigo e á súa estación coma a única de primeira orde dentro da rede ferroviaria da liña, e a construción da estación de ferrocarrís supuxo un avance e un símbolo de modernidade para a cidade.

Ademais, en 1880, baixo a súa presidencia, foi promulgada a Lei de Portos, onde tamén o porto de Vigo foi declarado de primeira categoría e de interese xeral. Así, o 7 de novembro de 1881 foi constituída a Xunta de Obras do Porto de Vigo, organismo precursor do que arestora é a Autoridade Portuaria.

Con todo isto, dada a importancia que tivo Cánovas del Castillo no devir da cidade olívica, o 17 de setembro de 1897, o Concello de Vigo decidiu homenaxear ao político a título póstumo. Nese acto, decidiuse nomear á futura avenida de ligazón entre A Laxe e O Berbés coma Avenida de Cánovas del Castillo. Finalmente, porén, quedou vixente a actual denominación de rúa. Historia miniatura|Fachada do Hotel Universal. Após de se anunciar en 1897 a creación dunha avenida entre O Berbés e A Laxe coa onomástica de Cánovas del Castillo, como recoñecemento o seu labor no desenvolvemento e modernización da urbe.

A principios do século XX, a rúa constituía un largo paseo a carón do mar, xa que por aquel entón aínda non estaban construídas as ampliacións do porto, o túnel de Beiramar, o paseo das avenidas ou o peirao da Laxe tal e como se coñece actualmente. A rúa contaba cun grande arborado, e por ela transitaba o tranvía.

Edificios senlleiros

miniatura|Fachada do Hotel Bahía. Hotel Universal. Nº 22A. Inmoble de estilo ecléctico construído en 1888 polo arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Domínguez. Hotel Bahía. Nº 24. Antigo Hospital da Cruz Vermella. Nº16 Mercado do Berbés.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Plan Especial de Protección do Ensanche e a Cidade Central Concello de Vigo, 2007. Outros artigos Avenida de Beiramar Antonio Cánovas del Castillo Porto de Vigo

Categoría:Rúas de Vigo