Jiu Lóng Chéng Zhài·Wéi Chéng (en chinés tradicional: 九龍城寨之圍城; en pinyin: Jiǔlóngchéngzhài zhī wéichéng; en ) é un filme de Hong Kong de 2024 dirixido por Soi Cheang, e protagonizado por Louis Koo, Sammo Hung, Richie Jen, Raymond Lam, Terrance Lau, Kenny Wong, Philip Ng, Tony Wu e German Cheung. Baséase na novela City of Darkness de Yuyi e o manhua homónimo de Andy Seto.
En desenvolvemento dende a década de 2000, a produción do filme comezou oficialmente en novembro de 2021 e rematou en abril de 2022. Estreouse en Hong Kong e na China continental o 1 de maio de 2024, e foi escollida para a Selección Oficial (Proxección a media noite) do Festival de Cinema de Cannes de 2024, como parte da exhibición fóra de competición. Recibiu a aclamación da crítica.
Converteuse no segundo filme con maior recadación doméstica de todos os tempos en Hong Kong. Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Louis Koo como Cyclone Sammo Hung como Mr. Big Richie Jen como Dik Chau Raymond Lam como Chan Lok-kwan Terrance Lau como Shin Kenny Wong como Tiger Philip Ng como King Tony Wu como Twelfth Master German Cheung como AV Chu Pak Hong como Woman Beater Fish Liew como Fanny Cecilia Choi como muller de Jim Jozev Kiu como Double Blade Aaron Kwok como Jim
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hong Kong propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Soi Cheang Categoría:Filmes rodados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes de Media Asia