Para o músico homónimo, véxase o artigo Vincenzo Bellini
Vincenzo Bellini, nado en Gambulaga, Ferrara o 22 de xaneiro de 1708 e finado en Ferrara o 27 de febreiro de 1783, foi un sacerdote católico e numismático italiano.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Vincenzo Bellini naceu en 1708 na pequena localidade de Gambulaga, a poucas distancia de Ferrara, no seu dunha familia modesta, fillo de Teresa Pocaterra e de Gerolamo Bellini.Parise, N. (1970).
Ao ficar orfo aos tres anos, foi acollido por un tío paterno, quen máis tarde o enviou ás escolas dos xesuítas. Nesta época iniciouse no coñecemento do latín e comezou a se sentir atraído polas antigüidades, sinaladamente pola numismática, o que o levou a confeccionar unha colección persoal de moedas e medallas.
Aos dezasete decidiu consagrarse á igrexa e ingresou no seminario arcebispal, onde cursou estudos de Filosofía e Teoloxía. En 1732 foi ordenado como sacerdote.
Carreira como erudito En 1737, Vincenzo Bellini foi enviado como reitor á parroquia de Cassana, na contorna de Ferrara, onde se mantivo durante 21 anos, compaxinando a dedicación ao seu ministerio cos seus estudos, centrados na historia da Idade Media e na numismática,Luppi, C. (1889). Páxina 409. así como no hebreo e no francés, e con frecuentes viaxes para visitar museos, arquivos e monumentos.
Como resultado destas investigacións publicou en 1754 o seu primeiro traballo, acerca da lira de Ferrara, seguido en 1755 por un profundo estudo acerca das moedas medievais italianas pertencentes ao Museo Cívico de Ferrara, que se converteu na súa obra máis representativa.Luppi, C. (1889). Páxina 410.
Paralelamente aos seus estudos, Vincenzo Bellini continuaba enriquecendo a colección de moedas que iniciara na súa xuventude, especializada en moedas italianas e, sinaladamente, as cuñadas en Ferrara. A sona que acadara como numismático logo da publicación dos seus tratados de 1754 e 1755 fixo que a súa importante colección fose tamén moi coñecida no ambiente erudito da súa época, o que levou o emperador Francisco I, a lle facer unha oferta para se facer con ela, coa intención de a expor no Museo Imperial en Viena. Bellini aceptou a oferta do emperador, tendo en conta que dispuña de máis dun exemplar de cada moeda, co que realmente a súa colección non se vería minguada, e vendeulle as moedas cunha taxación dun florín por unidade.Luppi, C. (1889). Páxina 413.
miniatura|esquerda|270x270px|Ilustración de. De monetis Italiae medii aevi [...] novissima dissertatio (1779).Bellini, V. (1779). De monetis Italiae medii aevi [...] novissima dissertatio. J. Rinaldi, Ferrara. Páxina 50 bis.
Anos máis tarde, o 23 de xaneiro de 1758, Bellini decidiu ceder as pezas que conservaba da súa ampla colección ao Museo Cívico de Ferrara. En agradecemento á súa xenerosidade, o marqués Francesco Calcagnini concedeulle o cargo de conservador do museo, dotado dunha paga de cen escudos anuais. Para poder exercer este novo cargo, Bellini deixou a súa parroquia de Cassana e instalouse na casa dun sobriño seu en Ferrara, o que lle permitiu dedicar toda a súa actividade ao museo, que viu incrementados moi notablemente os seus fondos baixo a súa xestión. No museo, continuou tamén as súas investigacións, o que o levou a publicar tres ampliacións do seu tratado de 1755 sobre a moeda italiana medieval, que viron a luz sucesivamente en 1767, en 1774 e en 1779, así como un novo tratado da moeda de Ferrara e as súas vinculacións coa historia da dinastía Este, publicado en 1761.Luppi, C. (1889). Páxina 414. Ademais, consérvanse varios manuscritos seus inéditos na Biblioteca Cívica de Ferrara.Véxanse as datas correspondentes en "Publicacións".Antonelli, G. (1884). Indice dei manoscritti della civica Biblioteca di Ferrara. Parte I. A. Taddei, Ferrara.
O seu labor no museo e as súas publicacións converteron a Bellini no numismático italiano máis salientable do seu tempo. O 27 de febreiro de 1783, cando se dispuña a viaxar a Mantua para adquirir unhas moedas da serie dos Gonzaga para o museo, sobreveulle a morte aos 75 anos, e foi soterrado na igrexa de Santo Stefano de Ferrara.Luppi, C. (1889). Páxina 415.Ferrarese, L. U. (1804). Páxina 39.
Publicacións miniatura|270x270px|Moeda reproducida en De monetis Italiae medii aevi... (1755).Bellini, V. (1755). De monetis Italiae medii aevi hactenus non evulgatis quae in suo musaeo servantur dissertatio. B. Pomatelli, Ferrara. Páxina 72.
Estes son os traballos monográficos en materia numismática publicados por Vincenzo Bellini ao longo da súa traxectoria:
(1754). Dell'antica lira ferrarese di marchesini detta volgarmente marchesana. B. Pomatelli, Ferrara. (1755). De monetis Italiae medii aevi hactenus non evulgatis quae in suo musaeo servantur dissertatio. B. Pomatelli, Ferrara. (1767). De monetis Italiae medii aevi [...] altera dissertatio. J. Rinaldi, Ferrara. (1774). De monetis Italiae medii aevi [...] postrema dissertatio. J. Rinaldi, Ferrara. (1779). De monetis Italiae medii aevi [...] novissima dissertatio. J. Rinaldi, Ferrara. (1761). Delle monete di Ferrara trattato. G. Rinaldi, Ferrara.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ferrarese, L. U. (1804). "Bellini, Vincenzo". En Dizionario storico degli Uomini Illustri Ferraresi. Tomo I. G. Rinaldi, Ferrara. Páxinas 38-39. Luppi, C. (1889). "Vite di illustri Numismatici Italiani: Vincenzo Bellini". En Rivista italiana di numismatica. Páxinas 409-416. Parise, N. (1970). "Bellini, Vincenzo". En Dizionario biografico degli italiani. Vol. 7. Istituto dell'Enciclopedia Italiana, Roma.
Categoría:Nados en 1708 Categoría:Finados en 1883 Categoría:Nados na provincia de Ferrara Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Sacerdotes católicos de Italia Categoría:Coleccionistas