Antígono (en grego antigo Ἀντίγονος) foi un médico e cirurxián militar grego mencionado por Galeno e que, polo tanto, debeu vivir no século II ou un pouco antes.

Marcelo Empírico menciona un médico do mesmo nome, probabelmente a mesma persoa. Luciano de Samosata fala dun Antígono que dicía, entre outras cousas, que un dos seus pacientes volvera á vida despois de ser enterrado durante vinte días.

Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:nados no século II Categoría:finados no século II Categoría:Médicos