Fernando Conde Montero-Ríos, nado en Vigo en 1938 e finado o 15 de abril de 2001, foi un empresario galego. Formou parte, entre outros proxectos empresariais, do consello de administración de Caixanova, Fundación Provigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Traxectoria Fillo de Fernando Conde de Ponte e Josefina Montero-Ríos Becerra, naceu en Vigo en 1938.
Montero-Ríos licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, malia comezar os estudos universitarios en Universidade de Deusto. Especializouse na área de Dereito Marítimo e, após de traballar en diferentes países, incorporouse á empresa Fernando Conde e Compañía, que por aquel entón era a empresa familiar. En 1978 foi nomeado conselleiro da empresa. Ademais, formou parte dos consellos de administración de Caixanova, do Consorcio da Zona Franca de Vigo ou da Fundación Provigo.
Entre 1984 e o seu pasamento en 2001 foi Presidente da Cámara de Comercio de Vigo. Así, converteuse no terceiro membro da súa familia en formar parte da cámara, fundada precisamente polo seu familiar materno Eugenio Montero-Ríos.
Á marxe da súa actividade empresarial, Montero-Ríos desenvolveu unha gran cantidade actividade non lucrativa, formando parte, entre outros da Asociación de Navieiros e Consignatarios do Porto de Vigo.
Vida persoal
Casou con María Elvira Barreras Vázquez e foi pai de Pablo e Ana Conde Barreras. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Tomás A. Alonso
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2001 Categoría:Empresarios de Galicia