Teófilo Llorente Diraychin, nado en Vigo o 4 de novembro de 1827 e finado na mesma cidade o 27 de outubro de 1905, foi un nobre, enxeñeiro e militar galego. Tras a súa morte dooulle todo o seu capital ao Concello de Vigo para que se destinase aos máis necesitados. Un ano despois da súa morte, en 1906, outorgóuselle o seu nome á que outrora fora a rúa de Santo Antón en Vigo, que pasou a denominarse rúa Teófilo Llorente en agradecemento pola súa achega.

Vida persoal Fillo de José Llorente, coronel de infantaría, e de Juana Diraychin, Teófilo Llorente adicouse a enxeñaría e fixo tamén carreira militar. En xullo de 1844 entrou no exército coma cadete no Colexio Xeral Militar. Dous anos despois, en 1846, ingreso na Escola de Enxeñeiros. Ao terminar a carreira, desenvolveu a súa actividade profesional tanto en Galicia coma no estranxeiro, desenvolvendo traballos en Cuba e Filipinas. Finalmente, xa retirado e por problemas de saúde, regresou á que fora a súa cidade natal, Vigo.

Teófilo Llorente finou o 27 de outubro de 1905. O seu enterro foi sinxelo, sen pompas fúnébres, e na intimidade, respectando as súas derradeiras vontades:

Legado Tras a súa morte, Teófilo Llorente outorgoulle toda a súa fortuna ao Concello de Vigo para ser dedicada á beneficiencia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Banco de España

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1827 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes