A Coordinadora Feminista Donicela foi unha organización autónoma de mulleres feministas que desenvolveu a súa actividade en Vigo entre os anos 1992 e 2006. Traxectoria A Coordinadora Feminista Donicela xuntou dúas organizacións preexistentes na mesma localidade: a Coordinadora Feminista de Vigo (CFV) e o Colectivo de Mulleres Feministas Donicela (CMFD). O seu funcionamento era mediante xuntanzas semanais que se facían nun local no centro da cidade.

Era unha organización autónoma das organizacións sindicais, políticas e das institucións, sendo feminismo de base, de acción social e política na rúa. Formou parte da Coordinadora Feminista Galega (CFG) e da Coordinadora de Organizacións Feministas do Estado Español (COOFFEE) facendo traballo conxunto con elas.

Publicacións

Donicela. A revista das mulleres de Vigo. Números 0 e 1 entre 1995 e 1996. Mullerío. A boletina da Coordinadora feminista Donicela. Sete números entre abril de 2000 e novembro de 2003.

Recoñecemento Forma parte do Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na Revista Andaina Segunda época nº 11 páxina 10.

Categoría:Vigo Categoría:Organizacións feministas de Galicia