A lingua inuinnaqtun (en inuinnaqtun: ᐃᓄᐃᓐᓇᖅᑐᓐ) é unha lingua inuit falada no Canadá. Fálase no ártico central canadense. Está moi relacionado co inuktitut, e algúns estudosos, como Richard Condon, cren que o inuinnaqtun está máis apropiadamente clasificado como un dialecto do inuktitut. O goberno de Nunavut recoñece o inuinnaqtun como lingua oficial ademais do inuktitut, e en ocasións denomínase inuktut.Official Languages Act, S.Nu. 2008, c. 10, s. 3(1) con Inuit Language Protection Act, S.Nu. 2008, c. 17, s. 1(2). Tamén se fala nos Territorios do Noroeste e é recoñecido como lingua oficial do territorio ademais do inuvialuktun e o inuktitut.Official Languages Act, RSNWT 1988, c. O-1, s. 4 na súa versión de 2003; PWNHC: Official Languages of the Northwest Territories O inuinnaqtun está clasificado como "definitivamente en perigo" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Uso Segundo o censo de 2016, o inuinnaqtun tiña 1.310 falantes. Fálase principalmente nas comunidades de Cambridge Bay, Kugluktuk e Gjoa Haven na rexión de Kitikmeot de Nunavut. Fóra de Nunavut, fálase na aldea de Ulukhaktok, nos Territorios do Noroeste, onde tamén se coñece como kangiryuarmiutun, formando parte da lingua inuvialuktun.Inuvialuit Cultural Centre: Inuvialuit Digital Library – Language Resources Escríbese usando o alfabeto latinoCBC Original Voices: Inuinnaqtun agás en Gjoa Haven, onde se usa o silabario inuktitut (como para a variedade natsilingmiutut).

Vocabulario e frases en inuinnaqtun miniatura|Sinal de Stop, "Nutqarrit" en inuinnaqtun. Galego Inuinnaqtun PronunciaAdeus Bo día Como estás? Estou ben Estou ben (2) E ti? Que fas? Que vas facer? Non vou facer nada Quérote Non o sei Si Non Quen es? De onde es? Onde estás? Quen é? Onde está a tenda? Canto custa? Tes un teléfono? Tes unha cámara? Podes cortar isto? Apetéceche dar unha volta? Isto está ben Vou traballar Voume para a casa agora Teño fame Necesito axuda (axúdame) Gústanme Véxote mañá Chámome... Teño unha filla Teño un fillo Grazas Grazas (2) Moitas grazas De nada Pódoche preguntar algo? Un Dous Tres Catro Cinco Coitelo Garfo Culler Prato Cunca Iso é todo!

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lingua de sinais inuit

Categoría:Linguas inuit Categoría:Linguas esquimó-aleutianas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas aglutinantes