Honeymoon é un filme español de 2023 dirixido polo coruñés Enrique Otero a partir dun guión de Roberto G. Méndez e Enrique Otero. Está protagonizado por Javier Gutiérrez e Nathalie Poza. Mestura os xéneros de road movie, suspense e comedia negra.
Estreouse na plataforma AGalega o 15 de marzo de 2025 con versión dobrada ao galego.
Sinopse Un matrimonio en destrución, Eva (Nathalie Poza) e Carlos (Javier Gutiérrez), recibe a nova de que o seu fillo Jonás, que era o único que os mantiña unidos, acaba de morrer nun accidente a milleiros de quilómetros da casa durante unha visita aos avós paternos. Sen recursos para traer de volta o corpo de Jonás, tentarán conseguir os cartos que precisan de calquera maneira.
Personaxes
Nathalie Poza como Eva Javier Gutiérrez como Carlos María Vázquez como Rebeca Santos Silvia Zhou como Sayaka Antonio Durán "Morris" como Mario Miquel Insua como Antonio Pablo Derqui como Víctor María Tasende como Leticia Fernando Albizu como Andrés Berta Ojea Desiré Pillado como Lucía Sergio Zearreta Miguel Angel Tobías César Goldi Susana Dans Marta Lado
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Enrique Otero Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego