Medio dólar do Centenariode Bridgeport "1936 Bridgeport, Connecticut, Centennial Half Dollar". American Numismatic ASsociation (Money.org)."½ Dollar Bridgeport". Numista.com150x150px150x150pxA/: Busto de Phineas Taylor Barnum cara á esquerda. Lendas: BRIDGEPORT · CONNECTICUT · CONTINENTAL / P. T. BARUM / 1836-1936.R/: Representación modernista dunha aguia. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / IN GOD WE TRUST / E PLURIBUS UNUM / LIBERTY / HALF DOLLAR Data: 1936 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: Henry Kreis. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 25.000 exemplares (mais 15 para a Comisión de Ensaios). Diámetro: 30,60 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.

O medio dólar do Centenario de Bridgeport é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida en 1936 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia, para conmemorar ou centenario da incorporación de Bridgeport, Connecticut, como cidade en 1836.

O deseño do artista Henry Kreis para esta moeda representa no anverso o home do espectáculo Phineas Taylor Barnum, que foi un dos persoeiros máis famosos que residiron na cidade de Bridgeport, ademais de ser o seu alcalde e gran contribuidor ao seu desenvolvemento, e de estar soterrado alí. Pola súa banda, no reverso reprodúcese unha aguia estilizada, con trazos claramente modernistas, moi similar á do medio dólar do Tricentenario de Connecticut, tamén creado por Kreis, en 1935.

As autoridades de Bridgeport pretendían a emisión dunha moeda conmemorativa como vía para o financiamento das celebracións do centenario da cidade. Naquela época, o Congreso adoitaba autorizar este tipo de emisións mesmo para a conmemoración de eventos locais, e a lei do medio dólar de Bridgeport foi aprobada sen oposición.

As moedas comezaron a estar dispoñibles para a poboación a un prezo de dous dólares a partir de setembro de 1936, unha data demasiado tardía para a efeméride conmemorada, o que provocou que ficase unha boa cantidade delas sen vender. Isto fixo que algúns comerciantes de moedas as comprasen por xunto e logo estiveron vendéronse no mercado secundario ata entrada a década de 1970.

Antecedentes e contexto

O feito conmemorado Bridgeport, a cidade máis grande de Connecticut,Scinto, R. (2019). "Here's How Each CT Town's Population Changed In 2018". En Patch. 3 de xuño. debe o seu nome a unha ponte (en inglés: bridge) levadiza da que a poboación local se sentía moi fachendosa. Poboada en 1639,Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 121. foi un centro importante durante os séculos XVII e XVIII, mais non se constituíu como cidade ata 1836.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 323. Elias Howe, inventor da máquina de coser moderna, ergueu alí unha das súas factorías. miniatura|295x295px|Gravado cun retrato de P. T. Barnum.Barnum, P. T. (1855). The Life of P. T. Barnum written by himself. Redfield Entre os residentes con máis sona de Bridgeport achábase Phineas Taylor Barnum, un home do espectáculo que chegou a ser alcalde da cidade, formou parte da Asemblea Lexislativa de Connecticut e está soterrado alí. Barnum fundou o Museo Barnum de Historia Natural da Universidade Tufts, Massachusetts —posteriormente desaparecido—, que entre outras cousas exhibía animais disecados que en vida formaran parte do circo da súa propiedade,Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 121-122. o Ringling Bros. and Barnum & Bailey Circus, que existiu ata 2017.Graham, B. A. (2017). "'Sanctuary of joy': performers and crowds bid farewell to Ringling Bros circus". En The Guardian. 22 de maio.

A idea da emisión conmemorativa En 1935, non era práctica habitual do Goberno estadounidense se encargase da comercialización das moedas conmemorativas que emitía. Pola contra, nesa época, o Congreso adoitaba designar unha organización específica autorizada para as adquirir na casa da moeda ao seu valor nominal e a vendelas logo á poboación cun sobreprezo.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vii.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.

A aparente facilidade para obter beneficios coa compra e a tenza de moedas conmemorativas atraeu a moitos afeccionados ao coleccionismo, que trataron de adquirir as novas emisións. O crecente mercado deste tipo de pezas deu lugar a un número esaxerado de propostas de moedas conmemorativas no Congreso, coa finalidade de conmemorar aniversarios e beneficiar causas xustas e sen ánimo de lucro, entre elas algunhas de relevancia puramente local.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 62-63. Entre estas propostas estaba a moeda conmemorativa do Centenario de Bridgeport, cuxa emisión se solicitou para financiar as celebracións locais do centenario da cidade. A entidade promotora foi Bridgeport Centennial, Inc., encargada de organizar os actos da celebración.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 33.

Proceso lexislativo O 10 de marzo de 1936, o senador demócrata Augustine Lonergan, de Connecticut, presentou no Senado dos Estados Unidos un proxecto de lei para a emisión dunha moeda de medio dólar conmemorativa do Centenario de Bridgeport."Bills and joint resolution introduced". En Congressional Record - Senate. 10 de marzo de 1936. Páxina 3.473. Tres ou catro semanas antes, Bridgeport Centennial, Inc. pedíralle ao outro senador por Connecticut, Francis T. Maloney, que presentase el o proxecto de lei, mais Maloney optara naquela ocasión por non facelo, por mor dos numerosos proxectos de lei de moedas conmemorativas que xa tiña ante si o Senado naquel ano, e que el consideraba excesivos.USSCBC (1936). Páxinas 1, 15. O proxecto do medio dólar de Bridgeport foi remitido á Comisión de Banca e Moeda do Senado, e foi un dos varios proxectos de moedas conmemorativas que se examinaron o 11 de marzo de 1936, por unha subcomisión creada para o efecto, dirixida por Alva B. Adams, de Colorado.USSCBC (1936). Portada e páxinas 1-2.Ademais da moeda de Bridgeport, estaban: os medios dólares do Centenario Territorial de Wisconsin, do Tricentenario de Delaware, do Tricentenario de Rhode Island e do 250 Aniversario de New Rochelle, así como as versións da Cámara de Representantes e do Senado do Medio_dólar_do_Tricentenario_de_Long_Island e unha proposta fallida para un medio dólar na honra de William_Henry_Harrison. Ademais, houbo unha proposta dun novo deseño para o medio dólar do Centenario de Arcansas, que se aprobou, e unha petición similar para o Medio_dólar_do_Centenario_de_Texas, que fracasou, xunto con proxectos de lei para medallas conmemorativas de Jefferson_Davis e Robert_E._Lee, unha proposta para revivir a moeda de níquel de tres centavos, e un proxecto de lei para establecer a política dos EEUU de cuñar medallas conmemorativas no canto de moedas.miniatura|301x301px|O senador demócrata por Connecticut A. Lonergan presentou no Senado o proxecto de lei para a emisión do medio dólar."Lonergan, Augustine. Honorable". Library of the Congress (LOC.gov).O senador Adams era coñecedor dos abusos que se estaban a producir na emisión de moedas conmemorativas a mediados da década de 1930. Entre outras cousas, as entidades emisoras aumentaban ás veces o número de moedas necesarias facéndoas cuñar con diferentes datas ou en diferentes cecas do país e, xa que logo, con diferentes marcas de ceca, o que obrigaba os coleccionistas a adquiriren varias moedas para completaren as súas series; a lexislación que autorizaba as emisións non o prohibían.USSCBC (1936). Páxinas 11-12. Lyman W. Hoffecker, un comerciante de moedas de Texas e membro da Asociación Numismática Americana, testemuñou ante a subcomisión e puxo como exemplo desas prácticas o medio dólar conmemorativo do Oregon Trail, cuñado por primeira vez en 1926 e que se emitiu con diferentes datas e marcas de ceca. Outras emisións, ademais, foran adquiridas na súa totalidade e en grandes lotes por comerciantes individuais, que logo especulaban con elas conseguindo prezos elevados, no canto de as distribuír entre a cidadanía e os coleccionistas, que se sentían defraudados.USSCBC (1936). Páxinas 18-23.

O 26 de marzo, Adams devolveu o proxecto de lei ao pleno do Senado, aínda que con numerosas emendas, na procura de dificultar tales abusos. As emendas centrábanse en limitacións como que as moedas só poderían cuñarse nunha casa da moeda, que habería un límite de tiraxe de 10.000 exemplares e que non poderían fabricarse menos de 5.000 á vez. Ademais, terían que estar datadas unicamente en 1936, e Bridgeport Centennial, Inc., a organización designada para adquirir as moedas, disporía dun ano para o poder facer. Os ingresos netos que esta entidade recibise da comercialización das moedas só poderían utilizarse para as celebracións do centenario."Reports of committees". En Congressional Record - Senate. 26 de marzo de 1936. Páxina 4.367. O proxecto de lei foi levado ao pleno do Senado o 27 de marzo de 1936, e foi o segundo dos seis proxectos de lei de emisión conmemorativa que se consideraron un tras outro; do mesmo xeito que os demais, foi emendado e aprobado sen que se rexistrase discusión nin disensión."Commemoration of the incorporation of Bridgeport, Conn." En Congressional Record - Senate. 27 de marzo de 1936. Páxinas 4.489-4.490.

Seguidamente, o proxecto chegou o 1 de abril á Cámara de Representantes, e alí foi remitido á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas. O 16 de abril, esta comisión presentou un informe no que recomendaba unha emenda para exixir que se cuñasen polo menos 25.000 exemplares, no canto dos 10.000 solicitados no Senado, e para suprimiro requisito de cuñar 5.000 unidades cada vez, así como o prazo dun ano."Reports of committees on public bills and resolutions". En Congressional Record - House. 16 de abril de 1936. Páxina 5.600. O 28 de abril, Schuyler Merritt, de Connecticut, levou o proxecto de lei ao pleno da Cámara de Representantes e pediu que se aprobase coa devandita emenda, o cal se fixo sen debates nin discrepancias."Fifty-cent pieces in commemoration of the hundredth anniversary of the incorporation of Bridgeport, Conn.". En Congressional Record - House. 28 de abril de 1936. Páxina 6.314.

Como as dúas cámaras non aprobaran versións idénticas do proxecto de lei —por mor das respectivas emendas introducidas—, este volveu ao Senado. O 4 de maio, Adams propuxo que esta cámara aceptase a emenda da Cámara de Representantes, e así sucedeu."One hundred anniversary of incorporation of Bridgepoprt, Conn.". En Congressional Record - Senate. 4 de maio de 1936. Páxina 6.611. Finalmente, o proxecto converteuse en lei, coa sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt, o 15 de maio de 1936."Bridgeport, Connecticut Centennial Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov).Flynn, K. (2008). Páxinas 354-355.

A lei autorizaba a emisión de "non menos de 25.000 moedas". Esta falta dun límite máximo da tiraxe e dun prazo para a produción implicaba que Bridgeport Centennial, Inc. podería solicita no futuro tantas moedas como quixese, sempre que amosasen a data de 1936. Esta vaguidade quedou resolta en 1939, cando o Congreso suprimiu tal posibilidade mediante unha lei aprobada o 5 de agosto, que ordenaba que as moedas conmemorativas autorizadas antes do 1 de marzo dese cesasen a súa produción, no caso de estar a producirse.

Preparación