O Panteón Real é o lugar, dentro da catedral de Santiago, que contén os sepulcros de dous reis e outras destacadas personalidades do Reino de Galiza.

Iniciouse no ano 1107 co soterramento de Raimundo de Borgoña, conde de Galiza, e coa promesa do seu fillo o emperador Afonso VII de levar tamén os seus restos á Catedral. Este compromiso non foi cumprido por Afonso VII mais si pola súa esposa a emperatriz Berenguela, e continuado polo seu fillo Fernando II e polo seu neto Afonso VIII, reis de Galiza e León. No ano 1211, Afonso VIII oficializou definitivamente a capela rexia na cerimonia de consagración da Catedral que presidiu xunto ao seu herdeiro Fernando Afonso, sepultado tamén no panteón.

O espazo funerario foi instalado na "capella dos reis", hoxe capela de Santa Catarina, e permaneceu alí até o ano 1535, momento no que foi trasladado á Capela das Reliquias. Durante este traslado mudouse o acomodo de cinco sarcófagos que foron atribuídos naquel momento a Raimundo de Borgoña (†1107), Berenguela de Barcelona (†1149), Fernando II (†1188), Afonso VIII (†1230) e Xoana de Castro (†1374). A documentación histórica confirma a inhumación na catedral destes cinco persoeiros mais só no caso da raíña Xoana existen ademais testemuños epigráficos e heráldicos da mesma época que confirmen a súa identidade. No ano 1926 incorporouse ao panteón unha última sepultura contendo os restos do conde Pedro Froilaz de Traba (†1126).

Primeiros enterramentos. O tempo de Xelmírez Durante o bispado de Diego Xelmírez, na época de esplendor do cabido compostelán, unha serie de personalidades do Reino de Galiza comezan a soterrarse na catedral compostelá. Estes enterros non se facían inicialmente co obxecto de configurar un panteón rexio senón que eran froito de devocións individuais e do interese do propio prelado por engrandecer a súa sé coas insignes sepulturas.

Raimundo de Borgoña alt=|esquerda|miniatura|Imaxe de Raimundo de Borgoña no Tombo A de Compostela. No ano 1107, Raimundo de Borgoña, conde de Galiza, morreu nas terras de Sahagún. Acompañado no seu leito mortuorio por algúns dos persoeiros máis importantes do seu tempo: O seu sogro Afonso VI; o seu irmán Guido, arcebispo de Viena que posteriormente será papa baixo o nome de Calixto II e dará nome ao códice calixtino; a súa esposa, a futura raíña Urraca I; a súa filla, a infanta Sancha; o seu fillo, Afonso, futuro Afonso VII; Pedro Froilaz, conde de Trastámara e aio de Afonso, e outros membros da nobreza e da xerarquía eclesiástica da época.

Entre eles estaba tamén o bispo de Compostela Diego Xelmírez que foi o encargado de tomar do conde a derradeira confesión e quen o asistiu nos seus últimos momentos. Neste proceso, o bispo recibiu de Raimundo diversas concesións para a súa sé episcopal, entre elas os propios restos mortuorios do conde que foron trasladados a Compostela, lugar onde se oficiaron as súas exequias.López Ferreiro 1900, pp. 295-298.

A "pretiosam sepulturam" do conde dispúxose nun sartego que foi colocado baixo un arcosolio na fachada norte da catedralMoralejo Álvarez 1974. p. 350., no lado occidental da chamada Porta Francíxena, derruída no 1757 e cuxo lugar ocupa na actualidade a Fachada da Acibechería. Esta arcada, baixo a que se colocou o sartego do conde, está hoxe integrada na capela de Santa Catarina e aínda pode ser apreciada facendo de bóveda na mesma.

miniatura|Porte des comtes na basílica de Saint-Sernin de Tolosa, Francia. Apréciase á esquerda o arcosolio baixo o que se gardan os sartegos dos condes de Tolosa. Era unha disposición de grande honra, feita conforme os costumes funerarios da época, na entrada da catedral utilizada polos peregrinos que remataban o camiño francés e á que se achegaba periodicamente o cabido compostelán en procesión solemne. Este tipo de enterramento segue un paralelismo coa Porte des Comtes da basílica de Saint-Sernin de Tolosa (Francia), xemelga da compostelá nas formas e deste xeito tamén nas funciónsMoralejo Álvarez 1990, p. 163., onde desde o 1090 repousan os restos dos condes tolosanos.

miniatura|Sarcófago de tipo aquitano. Museo Eugène-Camoreyt de Lectoure, Gers, Francia.|esquerda|200x200px O sarcófago no que descansou inicialmente o conde de Galiza, semella terse perdido nalgún momento, toda vez que o que se lle veu atribuíndo tradicionalmente, é datado polos estudosos a comezos do século XIIIChamoso Lamas 1979. p. 503. e representa a un home novo carente de barba, espada, anel ou calquera outro atributo institucional, en marcada diferenciación coa imaxe que do conde Raimundo se nos ofrece na miniatura do Tombo A de Compostela. A sepultura pertence na realidade a Fernando Afonso, fillo e herdeiro do rei Afonso VIIIMoralejo Álvarez 1990, pp. 160-180., soterrado na catedral no ano 1214. Así parece testemuñalo tamén o historiador Ambrosio de Morales na crónica da súa viaxe a Compostela no século XVI, cando afirma que o sepulcro é de "mancebo, sen Coroa... fillo dalgún dos Reis xunto os que esta".

A este ataúde perdido corresponderíalle, continuando o paralelismo cos enterramentos de Saint-Sernin, pertencer ao tipo aquitano; de feito, existen restos dunha tampa de sarcófago, indubidabelmente aquitana, atopados en escavacións arqueolóxicas realizadas na contorna da catedral. Estes restos consérvanse na actualidade no museo das peregrinacións. A descrición do panteón feita por Ambrosio de Morales indica a presenza no mesmo de tres tumbas descoñecidas "tumbas rasas, que non teñen labor, senón só as Cruces planas" algunha das cales podería ser o sartego desaparecidoMoralejo Álvarez 1990. p. 174..

Co motivo da celebración do ano xacobeo de 2010 organizouse unha exposición denominada “Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez” para a que foi reconstruída virtualmente a Porta Francíxena e na que é posíbel apreciar a colocación do sartego do conde Raimundo.

Afonso VII e Berenguela esquerda|miniatura|300px|Imaxe de Afonso VII no Tombo A de Compostela. Durante os anos seguintes á morte de Raimundo de Borgoña, outros membros da familia real e persoeiros do Reino, atendendo os requirimentos do arcebispo Xelmírez, comprometeron o seu soterramento en Compostela. Así aconteceu con Afonso VII, que no ano 1127, no vinte cabodano da morte do seu pai, prometeu a Xelmírez enterrar os seus restos na catedral, nomeouno Capelán rexio, permitiulle elixir o seu chanceler e fixo diversas doazóns á igrexa compostelá para dotar o seu cabodanoLópez Ferreiro 1901. p. 135.. O cabido pola súa parte recibiu o Rei como cóengo e comprometeuse a oficiar as mesmas honras fúnebres outorgadas a seu paiLucas Álvarez 1997. pp. 245–247..

A promesa de Afonso VII foi reiterada en dúas ocasións máis. No ano 1140, despois da morte de Xelmírez, e con motivo da elección do novo arcebispo compostelán Berenguel I, outorgou un diploma no que dispuxo elixir a Catedral como lugar de descanso eterno, o mesmo lugar no que di “fun purificado na sagrada fonte do bautismo, fun educado desde a nenez, fun armado cabaleiro, recibín o cetro rexio e pola intercesión de cuxo patrón, o santo apóstolo, foime dado o dilatar e engrandecer o meu imperio”López Ferreiro 1901. pp. 223-224.. No diploma o emperador estableceu como habían de ser as súas exequias e incluíu nos sufraxios o sepulcro da súa esposa a raíña BerenguelaLucas Álvarez 1997. pp. 261-267. “de mei corporis et mee coniugis sepultura, quod prefate ecclesie concedo sepeliendum”.

No 1143 o Rei Afonso reiterou o privilexio outorgado ao novo arcebispo compostelán Pedro Helías, que tivo que facelo efectivo seis anos despois cando viaxou a León para reclamar os restos da falecida emperatriz Berenguela, trasladounos a Santiago e ofreceulles os funerais previamente pactadosLópez Ferreiro 1901. pp. 238-239..

Descoñécese o aspecto do sarcófago orixinal de Berenguela. O que se conserva, tal e como acontece co atribuído ao conde Raimundo, é datado polos especialistas nó século XIIIChamoso Lamas 1979. pp. 505-507., neste caso non existen dúbidas sobre a súa atribución pois documentalmente só consta a inhumación na catedral de dúas raíñas, Berenguela e Xoana de Castro, sendo o sepulcro de Xoana claramente identificábel pola epigrafía e a heráldica inscritas no ataúde. O féretro foi colocado xunto ao de Raimundo de Borgoña, no mesmo lugar de honra visíbel para os peregrinos, no cal recibía as homenaxes litúrxicas do cabido compostelánGarcía González 2013. p. 979.

No ano 1157, finou tamén Afonso VII no regreso dunha campaña en Almeria. O monarca foi sepultado na catedral de Toledo toda vez que o traslado do seu cadaleito a Compostela era moi complicado debido á distancia e a altura do ano. López Ferreiro explica este incumprimento da vontade do monarca polo feito de que o corpo foi recollido polo seu fillo Sancho, herdeiro dos reinos de Toledo e Castela, o cal preferiu sepultalo na capital relixiosa do seu reinoLópez Ferreiro 1901. p. 267..

Outros soterramentos miniatura|dereita|Imaxe de Diego Xelmírez no Tombo de Toxosoutos. Outras personalidades relevantes do reino comprometéronse a sepultar os seus restos mortais na catedral compostelá durante o bispado de Diego Xelmírez. Así o fixeron a infanta Sancha, irmá de Afonso VII, e a súa tía Tareixa, condesa de Portugal, non obstante ambas as dúas rematarán soterradas na catedral de León e a catedral de Braga respectivamenteLópez Ferreiro 1901. p. 136..

Tamén o conde de Galiza, Pedro Froilaz, e a súa esposa, a condesa Guntroda acordaron con Xelmírez levar a súa sepultura a Compostela. Na última etapa da súa vida asistía o conde os oficios relixiosos da catedral de Mondoñedo, lonxe de Compostela, lugar no que tiña residencia. Xelmírez, probabelmente co pensamento posto na súa herdanza e no histórico preito xurisdicional que mantiña coa diocese de MondoñedoArmesto, Victoria 1969. p. 174., convenceu ao conde de que tiña que cumprir as súas obrigas relixiosas en CompostelaLópez Ferreiro 1901. pp. 136-138..

Na hora da súa morte, no ano 1126, Pedro Froilaz cedeu un enorme patrimonio á catedral para dotar as súas honras fúnebres e as da súa esposa, coa probábel intención de converter á catedral compostela no espazo de enterramento da súa estirpe familiar. A lista de igrexas e mosteiros era tan grande que os autores da Historia Compostelá renunciaron a enumeralos todos e o mesmo Xelmírez estimou prudente repartilos entre as dioceses das mesmas zonas das que procedíanChamoso Lamas 1979. p. 513..

O corpo do conde Pedro foi soterrado no cemiterio da catedral de Santiago (hoxe praza da Quintana) nun sarcófago a carón do muro da igrexa, no lugar no que estaba a capela de Santa Cruz. No mesmo lugar foron depositados os féretros da súa muller, Dª Maior Guntroda, no ano seguinte, e do seu fillo Fernán Pérez de Traba no ano 1155. O corpo de Fernando sería posteriormente trasladado ao mosteiro de Sobrado dos Monxes cumprindo a súa vontadeLópez Ferreiro 1901. p. 269..

É probábel que o propio Diego Xelmírez fose soterrado na catedral no momento do seu falecemento, do que se descoñece a data concreta. O derradeiro documento que asina data do 24 de xuño de 1139 e a data na que se celebra o seu cabodano é o 15 de xaneiro. Tampouco é coñecida a localización exacta da súa sepultura: para o historiador Antonio López Ferreiro, os seus restos foron depositados no claustro, no ángulo contiguo á catedral, xunto ao lugar no que estaba o tesouroLópez Ferreiro 1901. pp. 218-219.. Manuel Murguía afirma que foi sepultado no cemiterio da catedral, na Quintana, preto da Porta SantaArmesto, Victoria 1969. p. 238.. Ningún dos dous achega as fontes das que obtiveron tal información.

O nacemento do Panteón Real