Violeta Janeiro Alfageme, nada en Vigo, o 8 de outubro de 1982, é unha xestora cultural galega, comisaria e investigadora que desenvolve o seu traballo en relación coas prácticas de arte colaborativo, políticas do coñecemento e as alternativas na produción, recepción e canalización da arte colaborativa.

Traxectoria Licenciada en Historia da arte, especialidade en Arte contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela cun máster no Kingston University, no Reino Unido, en 2007. Presentou a súa tese doutoral na Universidade de Santiago de Compostela, titulada Prácticas colaborativas en arte en España durante la década de los noventa: Agustín Parejo School, Preiswert Arbeitskollegen (Sociedad de Trabajo no Alienado), Los grupos Estrujenbank y La Fiambrera.

Colaborou con institucións de Europa e América Latina, e desde o 2021 desenvolve o proxecto Interferencias, una memoria que sigue viva pero no lo sabíamos, centrado na memoria oral das mulleres artistas nadas nos anos 30 e 40 en España. Esta liña de traballo reflicte o seu compromiso coa recuperación da memoria histórica e a súa articulación coas prácticas artísticas contemporáneas.

A súa exposición ¿Cómo continuar? (Lima, 2021) foi premiada pola Asociación de Curadores do Perú.

Entre 2023 e 2024 dirixiu a XVII Bienal Internacional de Fotografía Fotonoviembre (Tenerife).

Comisariou, xunto a Mariña Carrasco Rivas, a exposición inaugurada en marzo de 2025, ÉRGUETE. A PEGADA DAS NAIS. Un berro que cambiou a sociedade que pretende lembrar a estas nais e mostrar a importancia da asociación Érguete e a súa pegada en Vigo, en Galicia e en todo o Estado. Na exposición do MARCO de Vigo exhíbense xunto a unha selección de materiais procedentes do arquivo e hemeroteca da Asociación Érguete as "obras de artistas contemporáneas que dan forma a un contexto político e social dende unha diversidade de linguaxes e soportes".

No ano 2024 comezou preparar a exposición antolóxica Marisa González. Un modo de hacer generativo no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, que foi inaugurada en maio de 2025.

Publicacións Editora e coautora:

González, Marisa. Arteciencia generativa. Madrid: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, 2025. Catálogo da exposición homónima comisariada por Violeta Janeiro, celebrada do 21 de maio ao 22 de setembro de 2025.

Gallardo, Ana. Tembló acá un delirio. Móstoles: Centro de Arte Dos de Mayo (CA2M), 2024. Editado por Violeta Janeiro e Alfredo Aracil. Textos de Tania Pardo, Sayak Valencia, María Us, Verónica Gago, Silvia Schwarzböck, Kekena Corvalán, Manuel Olvera, Ana Gallardo, Alfredo Aracil e Violeta Janeiro. Coeditado co CA2M. ISBN: 978-84-451-4128-1.

¿Cuánto dura un eco?. Santa Cruz de Tenerife: TEA Tenerife Espacio de las Artes, 2023. Catálogo da exposición da XVII Bienal Internacional de Fotografía Fotonoviembre 2023, comisariada por Violeta Janeiro. Inclúe obras de artistas como Pilar Aymerich, Cabello/Carceller, Helena Lumbreras, Colita, Teresa Correa, Marisa González, entre outras.

La Cámara del Eco. Madrid: Comunidad de Madrid, 2022. Catálogo da 33ª edición de Circuitos de Artes Plásticas, comisariado por Violeta Janeiro. Inclúe obras de ACCA Carmo Azeredo e André Covas, Ciprian Burete, Marta Galindo, José Ramón Hernández, Andrés Izquierdo, Esther Merinero, Maya Pita-Romero, Gema Polanco e Felipe Romero Beltrán.

Autora:

¿Cómo continuar?, Terremoto Magazine, 2020. ¿Cantas maneiras hai de poñer o corpo a pensar? e cantos paxaros haberá, sobre María Xosé Díaz, 2021. Ana Gallardo, Parque da Memoria (Buenos Aires), 2022. Preservation Paradox, Matadero Madrid, 2023. Mónica Alonso. Los límites entre lo físico y lo conceptual en arte, en Mónica Alonso, Museo de Pontevedra, 2025.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1982 Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela