O locus o de resistencia ao mildio ou locus o mildio (MLO, do inglés Mildew Locus O) é unha familia de xenes específica de plantas. Os membros da familia xénica MLO actúan como factores de susceptibilidade á praga fúnxica do mildio. A súa inactivación, como resultado dunha mutación de perda de función, knock-out de xenes, ou knock-down de xenes, está asociada cunha peculiar forma de resistencia denominada resistencia mlo. A familia xénica MLO está moi conservado en todo o reino vexetal e algúns dos seus membros evolucionaron xa nas primeiras plantas terrestres. As proteínas mlo conteñen sete dominios transmembrana moi conservados, así como un dominio de unión á calmodulina.
Xenes MLO en trigo e tomates Os xenes TaMLO son os MLOs que se encontran no trigo (Triticum aestivum).
Existen polo menos 17 xenes MLO nos tomates. Orixinan proteínas cunha lonxitude de entre 270 e 591 aminoácidos.
Notas
Categoría:Xenes