Anna Haava (nada como Anna Rosalie Haavakivi) nada en Kodavere (Estonia), daquela Imperio ruso, o 15 de outubro de 1864 e finada en Tartu o 13 de marzo de 1957, foi unha poetisa, escritora e tradutora estoniana de finais do século XIX e comezos do XX. Foi unha dos fundadores na Unión de Escritores de Estonia, creada en 1922. Recibiu múltiples recoñecementos.

Traxectoria

Familia Anna Rosalie Haavakivi naceu o 15 de outubro de 1864 na parroquia rural de Kodavere, que agora forma parte da parroquia de Peipsiääre, no leste de Estonia. O pai de Haava, Joosep Haavakivi (1836–1891) casou con Sohvi Janast da aldea de Punikvere, Estonia en 1860. A súa era unha familia rural que tiña a granxa Haavakivi, e Anna criouse coa súa irmá maior, Elisabet (1860–1893), e un irmán máis novo, Rudolf (1870–1950). Cóntase que mentres o seu pai tocaba o violín, Anna cantaba canda el e que a súa musicalidade influiría máis tarde na súa poesía e nos seus escritos.

Formación En 1873, Anna Haavakivi comezou a súa educación formal, asistindo a escolas en Pataste e Saare-Vanamõisa e na escola privada de lingua alemá de Hoffmann en Tartu, Estonia, de 1880 a 1884. Desde a Escola Superior de Nenas de Tartu, en lingua alemá, formouse cun diploma de mestra na casa, que naquel momento só estaba dispoñible para as estonianas e comezou a traballar como mestra de xardín de infancia en Tartu.

De moza, Anna comezou a cantar nun coro popular e namorouse dun estudante da facultade de teoloxía da Universidade de Tartu, pero só tiña 25 anos cando, un tras outro, morreron os seus pais e o noivo estudante.

Viaxes En 1892, viaxou a Leipzig, Alemaña para recibir tratamento médico e regresou ó ano seguinte e coidou durante dous anos a súa única irmá, Liisa, que tamén. A finais de 1894, coa súa vida persoal en pedazos trasladouse durante varios anos a San Petersburgo, Imperio ruso, onde traballou como enfermeira e mestra. En 1899, regresou a Haavakivi, onde axudou a seu irmán na granxa e alí pasou unha enfermidade durante moito tempo.

A facilidade de Haava coas linguas axudouna durante toda a súa vida porque na historia de Estonia se sucederon períodos de pertenza ao imperio ruso zarista, independencia nacional en 1920, ocupación polas forzas alemás durante a Segunda Guerra Mundial e anexión á URSS pola Rusia soviética e independencia a partir de 1991. Así, mentres Haava asistía á escola de lingua alemá, recibiu un nome "máis alemán", Anna Rosalie Espenstein, e ensinárona a ser unha boa alemá. Pero, ao graduarse, Anna insistiu en restaurar o seu nome de nacemento, Haavakivi, e retomar a súa vida como patriota estoniana. Aínda que hoxe Anna é moi lembrada co apelido Haava, ese non se converteu no seu nome oficial ata 1939.

Carreira profesional

Tradutora En 1906, Haava volveu a Estonia para vivir en Tartu onde, durante un tempo antes da Primeira Guerra Mundial, se uniu ao equipo editorial de Postimees. Máis tarde traballou como escritora e tradutora independente. Como tradutora, Haava obtivo ingresos poñendo a disposición dos lectores estonianos unha importante literatura en lingua estranxeira, incluíndo Egmont de Goethe, o Wilhelm Tell de F. Schiller, o Rei Edipo de Hugo von Hofmannsthal, Soño dunha noite de San Xoán de W. Shakespeare e os contos de fadas de Hans Christian Andersen, entre outros. Haava tamén traduciu algunhas mitoloxías antigas como a Greeka muinaskangelased (Heroes gregos antigos) de I. C. Andrä e R. Schneider e Rooma muinaskangelased (Heroes romanos antigos) de G. Schalk.

Haava nunca tivo moitos ingresos. A partir de 1920 cualificouse para recibir unha pensión de escritora e en 1945 concedéuselle unha pensión persoal. Anteriormente, en 1922, Haava foi un dos membros fundadores da Unión de Escritores de Estonia.

Obra poética Anna Haava foi unha poeta activa durante toda a súa vida adulta, dende os 22 anos ata a vellez. Publicou o seu primeiro poema no xornal Postimees despois de que a notable poeta estoniana Lydia Koidula falecese no verán de 1886. A súa homenaxe titulouse To Koidula e empregou o pseudónimo Üks Eesti neiu ("unha rapaza estoniana"). Esta obra converteríase só no primeiro dos moitos poemas Haava que apareceron impresos.

As tres primeiras coleccións de Haava, Luuletused I (en galego, Poemas I) (1888), II (1890) e III (1897) conteñen cancións sentimentais románticas, cuxo tema principal é o amor. Tras a súa publicación, os poemas xuvenís de Haava recibiron unha cálida acollida pública e os tres volumes foron reimpresos varias veces.

Haava publicou narracións en revistas, fixo unha colección de aforismos, Peotäis tõtt (Un puñado de verdade, 1900).

A partir de 1906, comezou a publicar coleccións de obras que mostraban un ton menos alegre, comezando por Lained (Ondas). Haava escribiu para condenar a inxustiza, a violencia e a discriminación étnica, e a súa crítica só se afondou nalgúns poemarios, Ristlained (Crosswaves, 1910) e Meie päevist (Dende os nosos días, 1920). A poesía de Haava fíxose aínda máis persoal nas coleccións Põhjamaa lapsed (Nenos dos países nórdicos, 1913), Siiski on elu ilus (Aínda, a vida é fermosa) e Laulan oma eesti laulu (Canto a miña canción estonia, 1935). Tamén escribiu prosa describindo a casa da súa infancia no libro titulado Väikesed pildid Eestist (Pequenas imaxes de Estonia, 1911).miniatura|Monumento na tumba de Anna Haava.

Últimos anos En 1954, a cidade de Tartu celebrou unha celebración polo 90 aniversario da poetisa no salón de cerimonias da Universidade de Tartu. Como parte desa ocasión, a cidade tamén nomeou unha rúa na súa honra. A súa última colección orixinal de poemas apareceu en 1954.

Anna Haava morreu en Tartu aos 92 anos de idade, o 13 de marzo de 1957, e foi enterrada alí na sección do cemiterio de Maarja do cemiterio de Raadi. Unha pedra que leva un dos seus poemas marca o lugar da tumba.

Etapas miniatura|Fotografía de Anna Haava na década de 1920. Na súa obra pódense distinguir 3 períodos:

O primeiro, no século XIX, inclúe poemas publicados en tres volumes Luuletused (1888–1897). Esta foi unha etapa da poesía romántica, cuxo estado de ánimo comparou Endel Nirk coas obras xuvenís de Heinrich Heine mesturadas coa poesía popular de Estonia. Estes poemas caracterizáronse pola austeridade propia dos pobos do norte e incluían referencias ao mundo natural.Nirk (1987), p. 112 A partir de Lained (1906), a poetisa interesouse polas cuestións sociais. Nos seus poemas estigmatizou a discriminación étnica e a inxustiza que sufrían as persoas traballadoras. Nos seus poemas expresaba protesta e desesperación, e tamén utilizaba a ironía. Tamén describiu a vida rural en detalle. Durante este período, Anna Haava tamén escribiu en verso en branco e en prosa. No terceiro período, os temas persoais tiveron máis presenza. A poetisa presentou a súa determinación de seguir as súas propias normas morais e o estado de ánimo de tristeza domina nos seus poemas. Nese momento, deixou de seguir o desenvolvemento da lírica estoniana.Nirk (1987), pp. 112-113 A actividade literaria de Haava foi longa; escribiu os seus últimos poemas aos 90 anos.Nirk (1987), p. 111

Haava tamén escribiu o libreto da ópera de Artur Lembas, Lembitu tūtar (A filla de Lembitu) en 1908.

A súa obra aínda aparece impresa. En 2006, publicouse unha partitura musical alemá, Kolm eesti laulu Anna Haava sõndele (Tres cancións de Estonia para o aniversario de Anna Haava),(1937–1940), con acompañamento de piano baseadas en poemas de Anna Haava, e os seus autores figuran como Gregor Heuer e Anna Haava.

En 2006, apareceu o manuscrito inédito Mälestusi Laanekivi Manni Lapsepõlvest (Memorias da infancia de Laanekivi Mann) e, en 2008, apareceu, un libro que recollía toda a súa poesía titulado, Luule (Poemas), que contén case 700 poemas.

Recepción Anna Haava foi unha das poetisas estonianas máis populares e gañou fama entre os estonianos a finais do século XIX. Haava infundiu moitos dos seus poemas cunha musicalidade notable que facilitou a súa adaptación como letras para música composta por artistas contemporáneos. Os seus poemas foron moitas veces adaptados en cancións e máis de 200 pezas foron musicadas. A primeira en facelo foi Miina Härma, unha moza organista que estudaba en San Petersburgo, que creou as súas primeiras cancións cos poemas de Haava, e, desde entón, máis de 200 poemas de Haava foron musicados por outros compositores.

Mart Saar e Karl August Hermann tamén crearon cancións baseadas nas composicións de Haava e pasaron a ser familiares nos Festivais de Danza e Canción de Estonia ou transformáronse en cancións folk. Os seus propios poemas foron amplamente traducidos, incluíndo ruso, finlandés, sueco, húngaro, alemán, italiano, esperanto, inglés e outros idiomas.Nirk (1987), p. 357

Obras principais

1888, Luuletused I (Poemas). 1890, Luuletused II. 1897, Luuletused III. 1906, Lained (Ondas). 1910, Ristlained (Ondas cruzadas). 1913, Põhjamaa lapsed (Nenos nórdicos). 1920, Meie päevist (Dende os nosos días). 1930, Siiski on elu ilus (Aínda así, a vida é fermosa). 1935, Laulan oma eestilaulu (Eu canto a miña canción estoniana).

Recoñecementos

1930, Orde da Cruz da Aguia de 3.ª Clase. 1935, Orde da Cruz Vermella de Estonia de 2ª clase. 1954, nomeada Escritora popular da RSS de Estonia. Orde da Insignia de Honra. En 2006, inaugurouse a Sala Memorial Anna Haava, no Centro Comunitario Assikvere no condado de Jõgeva.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Tradutores de Estonia Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en 1864 Categoría:Nados en Estonia Categoría:Poetas de Estonia Categoría:Escritores en lingua estoniana Categoría:Poetas en lingua estoniana Categoría:Tradutores ao estoniano