A Constitución de Estonia (en ) é a lei fundamental da República de Estonia e estabelece a organización estatal como unha república democrática onde o poder supremo reside nos seus cidadáns. A primeira Constitución foi adoptada pola libremente elixida Asemblea Constituínte de Estonia o 15 de xuño de 1920 e entrou en vigor o 21 de decembro de 1920. Fortemente emendada o 24 de xaneiro de 1934, logo do referendo de 1933, a segunda constitución entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1938. Estivo en vigor, de facto, até o 16 de xuño de 1940, cando a Unión Soviética ocupou Estonia e, de jure, até o 28 de xuño de 1992, cando se adoptou a terceira e actual Constitución da República de Estonia mediante referendo.

Capítulos A actual Constitución contén 15 capítulos.

O primeiro capítulo establece unha disposición xeral sobre a natureza do Estado. Contén sete artigos. O segundo capítulo expón os dereitos, liberdades e deberes das persoas. O capítulo 3 define o pobo e a cidadanía de Estonia. O capítulo 4 trata sobre o Parlamento de Estonia (Riigikogu). O capítulo 5 refírese ao presidente de Estonia e aos seus deberes, responsabilidades e dereitos. O capítulo 6 diríxese ao Goberno de Estonia. O capítulo 7 aborda o proceso de lexislación. O capítulo 8 aborda as cuestións financeiras e o orzamento. O capítulo 9 aborda as relacións e os tratados internacionais. O capítulo 10 aborda os asuntos militares. O capítulo 11 refírese ás funcións da Fiscalía Nacional e do Auditor Xeral. O capítulo 12 refírese aos dereitos, funcións e designación do reitor de Xustiza. O capítulo 13 refírese á estrutura e funcionamento do sistema xudicial e dos tribunais. O capítulo 14 refírese aos aspectos xurisdicionais, administrativos e orzamentarios do goberno local en Estonia. O capítulo 15 refírese aos mecanismos e procedementos relacionados coa modificación da Constitución.

Décimo quinto aniversario da Constitución de 1992 Para as celebracións do décimo quinto aniversario da actual Constitución, en 2007, A. Le Coq produciu unha nova marca de cervexa, a Constitutional Pilsener (en ) en cooperación co Ministerio de Xustiza de Estonia.Postimees 9 de agosto de 2007: Lang: õlu paneb rahva põhiseadusest huvituma

Notas

Véxase tamén

Categoría:Dereito en Estonia Categoría:Constitucións Categoría:Independencia de Estonia