O Parque Nacional de Lahemaa () é un parque nacional que se atopa na zona norte de Estonia, a uns 70 km ao leste de Talín. Limita ao norte co golfo de Finlandia e coa a autoestrada de Tallin-Narva (E20) ao sur. A súa área abrangue 747 km² (incluíndo 274,9 km² de mar).Lahemaa Rahvuspark in Estonia Protected PlanetEstonica, Lahemaa National Park: from coastal drumlins to Kõrvemaa , Estonica, Encyclopedia About Estonia Foi a primeira zona designada como parque nacional da antiga Unión Soviética. É o parque máis grande de Estonia e un dos maiores parques nacionais de Europa. A súa carta reclama a preservación, a investigación e a promoción das paisaxes, dos ecosistemas, da biodiversidade e do patrimonio nacional do norte de Estonia.
Historia O nome Lahemaa procede da parte máis estudada e visitada da costa norte de Estonia, onde catro grandes penínsulas (Juminda, Pärispea, Käsmu e Vergi) están separadas entre si por catro baías (Kolga, Hara, Eru e Käsmu). Lahemaa tradúcese aproximadamente como "terra de baías".
O parque nacional, establecido en 1971, é un dos principais atractivos turísticos de Estonia. Varias empresas ofrecen paquetes turísticos dun día desde Talín, mentres que moitas persoas conducen por si mesmas.
Con bosques que cobren máis do 70% de Lahemaa, a zona é rica en flora e fauna. A paisaxe ten moitas turbeiras elevadas, incluída a reserva Laukasoo de 7 000 anos. O parque, marcado por varios camiños, está repleto de fauna, entre a que se contan xabarís, corzos, lobos, osos e linces. A costa está cuberta de rochas e pedras, utilizadas cada ano polos grous como parada no seu camiño cara ao Bósforo e Exipto.The Baltic coast, vídeo de Free High-Quality Documentaries, en youtube.com. For Laheema national park, see 35'30 - 38'10. Véxase 35'38 - 35'48. Para os grous, 35'48 - 38'10.
Hai catro mansións situadas no parque nacional: a mansión de Palmse, a pintoresca mansión de Vihula, a mansión de Kolga e a mansión barroca de Sagadi,Sagadi, Sagadi Manor, Retrieved 7 August 2012 a mansión máis visitada de Estonia que, xunto coas outras tres, forman un dos grupos de mansións máis insólitas do país.
Antes de 1991, a Unión Soviética tiña unha gran base submarina secreta en Hara. A base foi construída na década de 1950 durante o apoxeo da guerra fría. As ruínas desta antiga base submarina soviética atópanse agora enteiramente en Lahemaa, preto do faro de Lahemaa.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Áreas protexidas de Estonia
Categoría:Parques nacionais de Estonia