A Universidade Tsinghua (en chinés simplificado: 清华大学; en pinyin: Qīnghuá dàxué) é unha universidade pública chinesa situada no distrito de Haidian, en Beijing. É financiada polo Ministerio de Educación da República Popular da China, ao que pertence. Forma parte do Proxecto 211, do Proxecto 985 e do Plano Universitario Duplo de Primeira Clase. Tamén é membro da Liga C9.
A institución atópase no noroeste de Beijing, onde os antigos xardíns imperiais da dinastía Qing. A data de 2025, a universidade consta de 21 escolas e 59 departamentos, con facultades de Ciencias, Enxeñaría, Humanidades, Dereito, Medicina, Historia, Filosofía, Economía, Dirección de Empresas, Educación e Arte. Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata
Categoría:Universidades da China