Maruja é unha banda inglesa, da cidade de Manchester, do xénero do jazz-rock. A banda mestura psicodelia e jazz fusión co noise e o post-punk e temáticas psicolóxicas sobre a perda ou a ansiedade. Formada en 2016 para o lanzamento do seu primeiro EP homónimo, a banda recolleu o nome durante as vacacións do membro fundador Harry Wilkinson en España, que ao seu paso por diante dun ultramarinos con nome de Maruja decidiu empregalo para a banda.
Membros
Harry Wilkinson – vocalista e guitarra Matt Buonaccorsi – baixista Joe Carroll – saxofonista e corista Jacob Hayes – batería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas O seu directo en 2025 durante o South by Southwest
Categoría:Grupos musicais de Inglaterra Categoría:Grupos musicais de jazz Categoría:Grupos musicais de post-punk