Onosandro (en grego antigo Ὀνόσανδρος, en latín Onosander) foi un filósofo da antiga Grecia que viviu no século I. É coñecido por un comentario sobre A República de Platón, hoxe perdido, e por un traballo sobre tácticas militares titulado (Strategikós logos), que se conservou. Traxectoria A obra está dedicada a un tal Quinto Veranio, probabelmente Quinto Veranio Nepote, cónsul no 49. Onosandro debeu vivir, pois, a mediados do século I, e no prefacio do seu libro explica que o escribiu en tempo de paz, probabelmente entre os anos 49 e 59. A obra imita con éxito o estilo de Xenofonte, e considérase un libro de referencia para as obras dos emperadores romanos Mauricio (Strategicon) e León VI (Táctica).

Polo xeral suponse que Onosandro sería un soldado, pero nada se sabe da súa vida. Foi discípulo da escola platónica de filosofía e, segundo a Suídas, tamén escribiu unha obra titulada , que tampouco se conserva.Smith, William (editor). A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés), 1870, p. 31 (v. III)

Notas

Edicións

Transcrición do texto grego e tradución na web Lacus Curtius Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados no século I Categoría:Finados no século I