El jardinero é unha miniserie de televisión por internet española de thriller creada por Miguel Sáez Carral para Netflix. Está producida por DLO Producciones e protagonizada por Álvaro Rico, Cecilia Suárez e Catalina Sopelana. Estreouse o 11 de abril de 2025.

Elenco Álvaro Rico como Elmer Cecilia Suárez como China Jurado Catalina Sopelana como Violeta Francis Lorenzo como Torres María Vázquez como Carrera coa colaboración especial de Emma Suárez como Sabela Costeira

Episodios "Paisaje atlántico" "Germinación de las semillas" "Sustrato orgánico" "Control de plagas" "Isla de descomposición" "Calendario de podas"

Produción O 19 de decembro de 2023 Netflix anunciou que estaba en desenvolvemento a serie El jardinero, creada por Miguel Sáez Carral e protagonizada por Álvaro Rico, Cecilia Suárez e Catalina Sopelana. A rodaxe comezou en xaneiro de 2024 e tivo lugar en localizacións de Pontevedra, Madrid e Toledo. En febreiro de 2024 rodáronse algunhas escenas en Cambados, no monte da Pastora.

Lanzamento O 13 de marzo de 2025 Netflix lanzou o primeiro tráiler da serie e programou a estrea na plataforma para o 11 de abril de 2025.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 2020