As Forzas Armadas de Estonia (en estoniano: Eesti Kaitsevägi) constitúen a forza militar unificada da República de Estonia. As Forzas Armadas de Estonia están formadas polo Exército de Estonia, a Mariña de Estonia, a Forza Aérea de Estonia, e a forza paramilitar Liga de Defensa de Estonia. A política de defensa nacional ten como obxectivo garantir a preservación da independencia e soberanía do Estado e manter a integridade do seu territorio, as súas augas territoriais, o seu espazo aéreo e a orde constitucional. Os seus principais obxectivos seguen sendo o desenvolvemento e mantemento dunha capacidade crible para defender os intereses vitais da nación e das forzas de defensa dun xeito que garanta a súa interoperabilidade coas forzas armadas dos estados membros da OTAN e da Unión Europea para participar en toda a gama de misións destas alianzas militares.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Forzas armadas de Estonia