O infinitivo conxugado, infinitivo persoal ou infinitivo flexionado é unha flexión verbal que se forma engadindo morfema de persoa e número ao infinitivo. É unha das características máis orixinais do galego-portugués, aínda que existen formas similares no napolitano do século XV e vestixios no leonés antigo, o que, xunto coa influencia do portugués, pode explicar a súa presenza no mirandés. Tamén se usa hoxe na lingua húngara. Características
O infinitivo conxugado fórmase engadindo ao infinitivo impersoal os morfemas -es, -mos, -des, -en (que coinciden cos do futuro de subxuntivo, agás nos verbos irregulares):
cantar - cantares cantar - cantarmos cantardes cantaren
Úsase nos seguintes casos:
Cando o infinitivo ten un suxeito distinto ao do verbo principal: (ti) Dille que o limpe antes de volver(mos) ; Ai, morte, canto xa tardas en me levares contigo!Cando o suxeito do infinitivo vai expreso, pero a distancia do verbo principal: O rapaz saudou aos turistas ao pasaren xunto del ; Ao estaren tan contentos, eu marchei caladiño para a cama.
Cando o infinitivo vai introducido por preposición: Para falares con el, tes que pedir cita.
Non se emprega nos seguintes casos:
Cando o infinitivo é o verbo auxiliado dunha perífrase verbal: *Débesllo dicir agora mesmo.
Cando se constrúe con verbos do tipo: querer, poder, saber, deixar... porque neste caso o suxeito éo de todo o complexo verbal: *Queremos mercar un coche deportivo''.
Non se debe confundir co futuro de subxuntivo, co que coincide nos verbos regulares e difire nos irregulares:
Inf. conx. regular: comer, comeres, comer, comermos, comerdes, comeren. Fut. subx. regular: comer, comeres, comer, comermos, comerdes, comeren. Inf. conx. irregular: querer, quereres, querer, querermos, quererdes, quereren. Fut. subx. irregular:quixer, quixeres, quixer, quixermos, quixerdes, quixeren.
Notas
Véxase tamén
Infinitivo Formas non finitas do verbo
Bibliografía
Categoría:Gramática da lingua galega Categoría:Verbo