miniatura|Stenbocki maja, sede do goberno de Estonia.O Goberno da República de Estonia (en estoniano: Vabariigi Valitsus) é o órgano que exerce o poder executivo segundo a Constitución de Estonia. Está composto polo Primeiro Ministro e o conxunto de ministros e tamén se emprega como sinónimo a palabra gabinete.
O gabinete aplica a política interior e exterior do país, tal e como a define o parlamento; dirixe e coordina o traballo das institucións gobernamentais e asume a total responsabilidade de todo o que ocorre no ámbito do poder executivo. O goberno, encabezado polo primeiro ministro, representa así á dirección política do país e toma decisións en nome de todo o poder executivo.
Funcións Segundo a constitución estoniana, o goberno ten asignadas as seguintes funcións:
Executar a política interior e exterior do Estado. Dirixe e coordina as actividades das axencias gobernamentais. Administra a aplicación das leis, as resolucións do Riigikogu (Parlamento) e as disposicións do presidente da República de Estonia. Presenta proxectos de lei e somete os tratados internacionais ao Riigikogu para a súa ratificación ou denuncia. Elabora o proxecto de orzamento do Estado e enméntao ao Riigikogu, xestiona a súa execución e responde ante o Riigikogu do seu cumprimento. Dita regulamentos e ordes con base na lei e para a súa execución. Declara o estado de emerxencia na totalidade do territorio estatal ou nunha parte do mesmo, en caso de dessatre natural ou catástrofe ou enfermidade constaxiosa. Xestiona as relacións con outros Estados. Desempeña outras funcións que a Constitución e as leis atribúen ao Goberno da República.
A diferenza doutros gabinetes da maioría dos réximes parlamentarios, o Goberno de Estonia é a autoridade executiva de iure e de facto. En moitos sistemas parlamentarios, o xefe de Estado é formalmente o xefe do poder executivo, aínda que está obrigado por convención a actuar segundo o consello do gabinete. En Estonia, porén, a Constitución atribúe especificamente o poder executivo ao goberno, non ao presidente. Sede do goberno O Goberno de Estonia ten a súa sede na Casa Stenbock - en estoniano: Stenbocki maja - un destacado edificio neoclásico situado nun outeiro na parte máis antiga de Talín, a capital de Estonia. É a capital oficial e tanto "Goberno de Estonia" como "Stenbocki maja" adoitan empregarse como metonimias.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista dos gobernos de Estonia
Categoría:Política de Estonia