Teresa Reigía Pose, máis coñecida como Teresa dos Cucos, nada en Pontella (Vilanova de Santiso, Malpica de Bergantiños) en 1947, é unha cantareira galega.

Traxectoria Destaca polo seu amplo repertorio de cantigas e comparsas de Entroido. Formou parte do grupo Raíces Combinadas de Limiñoa e colaborou coa Fundación Eduardo Pondal do Couto, concretamente con Rafael Quintía.

Dedicóuselle o capítulo 150 do programa Alalá da TVG. Participou tamén no Luar.

Traballou na construción.

Homenaxes e influencia A súa obra está presente en moitos artistas actuais, como Xabier Díaz, Sés, Mercedes Peón, Xurxo Souto, Tanxugueiras etc. Participou na gravación da "Xota dos Cucos" con Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre.

En 2021, foi galardoada como Mestra da Memoria pola AELG.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cancioneiro Popular Galego

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1947 Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Cantareiras galegas