Elin Maria Törnudd, nada o 22 de abril de 1924 e finada o 18 de agosto de 2008, foi unha bibliotecaria e profesora universitaria finesa.
Traxectoria Elin Maria Törnudd naceu en Helsinqui en 1924. Licenciouse en Química pola Universidade de Helsinqui, onde tamén rematou o seu mestrado en 1950. En 1953, estudou un mestrado en biblioteconomía no Carnegie Institute of Technology de Pittsburgh. Törnudd chegou a ser directora da biblioteca da Universidade Tecnolóxica de Helsinqui, onde traballou entre 1968 e 1991. En 1982, recibiu o título de profesora honoraria pola mesma institución.
Así mesmo, Törnudd foi secretaria xeral do NORDFORSK, directora do grupo de Información Científica e Técnica da OECD, e directora de NORDINFO. Tamén dirixiu o Programa Xeral de Información do Consello Internacional da UNESCO.
Törnud foi presidenta da Asociación Internacional de Bibliotecas de Universidades Científicas e Tecnolóxicas (IATUL) entre 1990 e 1992.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Alumnos da Universidade Canergie-Mellon Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en 1924