Daniël Robin Frederick de Ridder, coñecido como Daniel de Ridder, nado en Ámsterdan o 6 de marzo de 1984, é un futbolista neerlandés. Xoga de centrocampista e o seu club actual é o Grasshopper-Club Zürich.
Traxectoria Formado na prolífica canteira do Ajax de Ámsterdan, debutou no primeiro equipo do conxunto holandés o 21 de xaneiro de 2004, con 19 anos, nun partido ante o Roda JC. Nesa a súa primeira tempada co equipo laranxa (2003/2004) é nomeado mellor debutante da Liga.
Debutou na Liga de Campións en setembro de 2004, e dous meses despois marcou o seu primeiro gol na máxima competición europea de clubs ante o Maccabi Tel Aviv. Fichou polo primeiro equipo do Celta de Vigo na tempada 2005/2006, cun contrato por dous anos prorrogábeis por outros tres.
Vestiu a camisola celeste por primeira vez nun partido disputado en Balaídos ante o Sevilla CF o 25 de setembro de 2005 correspondente á quinta xornada de Liga, onde gañaron os vigueses por 2-1. Nesa primeira tempada como celeste case non xogou na primeira volta, mentres que na segunda, en troques, tivo unha participación moito maior e fíxose habitual nas aliñacións de Fernando Vázquez. Marcoulle o primeiro gol na xornada 30 ao Atlético de Madrid, na vitoria visitante do Celta por 0-3.
A tempada 2006-07 non comezou ben para De Ridder: unha tendinite no tendón rotuliano mantívoo apartado dos terreos de xogo durante varios meses. Cando o Celta descendeu a segunda división, fichou polo Birmingham City.
Características Trátase dun centrocampista que xoga tanto no lado dereito como no esquerdo, pero tamén pode ocupar posicións máis avanzadas como dianteiro. É un extremo dun marcado carácter ofensivo que destaca pola súa calidade técnica e creatividade. Gústalle xogar pegado á banda e o seu punto forte é o un contra un, xa que dispón dunha gran variedade de caneos, e centra coa dereita. Aínda que é destro domina ben o balón e pode xogar indistintamente por ambas bandas.
Palmarés En 2006 proclámase campión de Europa sub-21 coa selección neerlandesa. En 2007 proclámase campión de Europa sub-21 coa selección neerlandesa.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina sobre o xogador Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Birmingham City FC Categoría:Xogadores do Wigan Athletic FC Categoría:Xogadores do Hapoel Tel Aviv FC Categoría:Xogadores do Grasshopper-Club Zürich Categoría:Xogadores do SC Heerenveen Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Nados en 1984