As voces baixas é unha novela en lingua galega de Manuel Rivas, publicada por Edicións Xerais en outubro de 2012.

Argumento O libro presenta unha biografía sentimental de Manuel Rivas e da cidade da Coruña e bisbarra que viviu na nenez e mocidade (Monte Alto, Castro de Elviña, O Corpo Santo...) acompañado en todo momento pola súa irmá María, onde reconstrúe a historia de terceiras persoas (parentes, veciños, lavandeiras, costureiras, zapateiros...) que conforman, todas elas, as voces baixas que lle dan nome á obra.

Personaxes principais

María Rivas: irmá do narrador, o propio Manuel Rivas. Carmiña Barrós: nai do narrador e leiteira. Manuel Rivas: pai do narrador, albanel e músico.

Temas e estilo literario

Temas abordados na obra: memorias de infancia, A Coruña como escenario literario, franquismo e represión, relacións familiares, oficios tradicionais. Estilo narrativo: autoficción e prosa poética.

Premios

Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos no 2012.

Traducións

Ao castelán (2012), ao inglés (2017), e ao árabe (2021)

Notas

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 2012 Categoría:Manuel Rivas