Javier Castro Urdín, nado en Madrid o 13 de setembro de 2000, é un futbolista español que xoga como defensa no Racing de Santander, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Canillas e do Rayo Vallecano, no que ingresou en 2015. En xullo de 2019, despois de rematar a súa etapa como xuvenil, fichou polo Alcorcón B, da Terceira División, categoría na que debutou nun partido ante o Alcobendas Sport.
O 26 de xaneiro de 2020 debutou co primeiro equipo do Alcorcón na Segunda División, substituíndo a Paris Adot nunha vitoria por 3-1 sobre a Ponferradina. No verán de 2021 renovou o seu contrato co Alcorcón e saíu cedido ao Celta de Vigo B, na Primeira División RFEF. Ás ordes de Onesimo Sánchez, foi o xogador con máis minutos do equipo celeste, que quedou a un punto da promoción de ascenso.
De regreso en Alcorcón, foi titular indiscutible para Fran Fernández, disputando dende o inicio 41 dos 42 partidos de liga, perdendo só un encontro por sanción. Contribuíu así ao ascenso do Alcorcón á Segunda División. Continuou como titular habitual na tempada 2023/24 na categoría de prata, pero o equipo acabou descendendo.
O 10 de xullo de 2021 fichou polo Racing de Santander, co que asinou un contrato de dous anos.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Racing de Santander