Rapla (en alemán: Rappel) é unha cidade do centro de Estonia, capital do condado de Rapla. A vila atópase a 45 km ao suroeste de Talín. É o centro administrativo do concello de Rapla, ao que está adscrito, e o concello limita cos concellos de Kohila e Juuru ao norte, con Raikküla e Kehtna polo sur e co de Märjamaa, polo oeste. Na parte noroccidental, tamén limita co concello de Kernu, pertencente ao condado de Harju.

Historia Do ano 1241, é o Liber Census Daniæ, o primeiro documento que fai referencia á vila de Rapla por vez primeira, e aparece como Rapal. A finais dese mesmo século foi cando se construíu a igrexa de María Magdalena, cuxo edificio actual, de nova construción, foi rematado no 1901. esquerda|miniatura|Vídeo con dron de Rapla e o seu edificio octogonal KEK en 2021. Tanto a vila como a igrexa, orixinalmente, pertencían ao señorío de Alu. Posteriormente, no 1478, pasou a depender do mosteiro de Padise. Non foi até 1705, que Alu e Rapla se separaron, formando unidades administrativas diferentes.Rapla Vallavalitsus (2012), p. 5 A cidade orixinouse arredor dunha casa señorial, da que non queda ningún edificio na actualidade.

A mediados do século XIX, comezou un período de crecemento para Rapla cando, en 1866, se abre unha farmacia; no 1868, unha escola e no 1893, unha estación para dilixencias de correo. A partir de 1900, o concello beneficiouse da creación da liña de ferrocarril de vía estreita que unía Talín e Viljandi, e pasou a haber unha estación en Rapla. Durante este período, se estableceron preto de Rapla, unha fábrica de ladrillos e outra de refrescos. Así e todo, a liña durou pouco tempo (1931-1968) pois foi pechada a finais da década dos anos 60.

No 1945, Rapla, dentro da República Socialista Soviética de Estonia obtivo a categoría de pequeno concello (alevik en estoniano). Finalmente, no 1993, obtivo os dereitos de cidade (vald, en estoniano) e no 2002, a cidade máis o concello rural circundante se fusionaron.

Demografía +Evolución demográfica de Rapla191319411959197919892000200620112019202020212537353 0735 5996 2715 7585 6825 2025 0695 0035 254 miniatura|Igrexa de María Magdalena en Rapla. Vista exterior da ábsida. Orixe19341959197019791989200020112021Número%Número%Número%Número%Número%Número%Número%Número%Estonianos97598,12 46280,13 99891,05 07090,65 64790,05 38793,64 98195,85 02295,6Rusos80,80 - -2104,783456,163916,242334,051392,671062,02Ucraínos - - - -210,48320,57400,64330,57170,33190,36Belarusos - - - -260,59220,39210,33110,1940,0830,06Fineses - - - -751,71721,29891,42390,68250,48250,48Xudeus - - - -00,0030,0520,0320,0310,0230,06Letóns30,30 - -20,0540,0710,0220,0320,0480,15Alemáns50,50 - - - -320,57410,6590,1680,1580,15Tártaros - - - - - -10,0200,0000,0000,0000,00Polacos - - - - - -30,0510,0220,0300,0030,06Lituanos - - - -160,3660,1160,1060,1010,0200,00descoñecido00,0000,0000,0000,0000,00100,1720,04190,36outros30,3061119,9430,9890,16320,51240,42220,42370,70Total9941003 0731004 3911005 5991006 2711005 7581005 2021005 25499,9

Monumentos O principal monumento de Rapla é a igrexa de María Magdalena, de culto evanxélico luterano, e destaca polas súas grandes dimensións, ten unha capacidade de 3.000 persoas, o que a converte na igrexa máis grande de Estonia e conta con dúas torres na fachada. Foi construída en 1901, en estilo neorrománico por Rudolf von Engelhardt.Rapla Vallavalitsus (2012), p. 6

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:cidades de Estonia