O Clúster Empresarial da Automoción e Mobilidade de Galicia (CEAGA) é unha organización que agrupa os principais actores do sector da automoción e mobilidade en Galicia, abarcando toda a cadea de valor. Entre os seus membros figuran o fabricante Stellantis Vigo, máis de 160 empresas consolidadas de servizos de compoñentes e soporte, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), e novas start-ups vinculadas á aceleradora Business Factory Auto (BFA). En conxunto, CEAGA representa un ecosistema de máis de 200 entidades, constituíndo un polo industrial e innovador de referencia a nivel nacional e internacional.
dereita|miniatura|Mapa de ecosistemas do sector de automoción e mobilidade de Galicia en 2025.
A súa misión é impulsar proxectos cooperativos de alto impacto dirixidos a mellorar a competitividade da industria da automoción e mobilidade en Galicia. En canto á súa visión estratéxica, CEAGA pretende situar este sector como un referente mundial competitivo e sostible no horizonte 2030.
Ao longo da súa historia, CEAGA liderou iniciativas de alto valor estratéxico, consolidando a súa posición como un dos clústeres máis destacados de España e Europa. Neste sentido, a Fundación CEAGA está inscrita como Grupo Empresarial Innovador (AEI) coa cualificación de "Excelente" do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR), en recoñecemento ao seu nivel de excelencia organizativa e de xestión.
A nivel europeo, CEAGA foi recoñecido pola Secretaría Europea de Avaliación de Clústeres (ESCA) como un dos clústeres mello xestionados da Unión Europea. En 2025, tras superar unha auditoría especializada, obtuvo a renovación do distintivo "Gold Label" cunha puntuación de 98 sobre 100, situándose entre os clústeres líderes do sector en Europa. Esta acreditación, de carácter independente, está recoñecida no ámbito europeo coma unha maneira de avaliación e comparación, e permite a CEAGA formar parte do grupo de Expertos de Clústeres Excelentes (CEEG).
Estrutura de Goberno e Xestión: Padroado O padroado é o goberno, representación e administración da Fundación CEAGA. Os membros son designados pola Asemblea de Empresas e desempeñan as súas funcións por período de dous anos, poidendo ser reelexidos. O padroado está integrado por unha presidencia, unha vicepresidencia, unha tesorería, unha secretaría e sete vocalías.
Reúnese a lo menos, dúas veces ao ano e tantas veces como sexa preciso para a boa marcha da Fundación, incluíndo o seguimento do Plan Estratéxico. Tódalas seas funcionalidades especificanse nos estatutos da Fundación.
Dende marzo do 2023, a presidencia de CEAGA está a cargo de Patricia Moreira, directora de catro plantas do grupo ZF Lifetec. Premios e recoñecementos Ao longo dos últimos anos, CEAGA foi distinguida por diversas entidades rexionais, nacionais e internacionais no recoñecemento a súa labor no impulso da competitividade, a innovación, a transformación dixital e a colaboración empresarial no sector de automoción. A continuación, recollense os principais premios e recoñecementos outorgados á organización e as súas iniciativas:
Recoñecementos internacionais AnoRecoñecementoDetalles2025Acreditación “Gold Label” de excelencia de organizacións clústerOutorgada pola Secretaría Europea de Avaliación de Clusters (ESCA). CEAGA foi o primeiro clúster de automoción en Europa en obtela. Renovacións en 2013, 2016, 2019, 2022 e 2025 (puntuación: 98%).2020Premio á “Mellor Aceleradora”Entregado polos South Europe Awards á iniciativa BFA. Recoñecemento a nivel mundial no ámbito do emprendimiento.2019Premio á “Mellor Práctica”Outorgado por EURADA á iniciativa BFA pola súa contribución ao crecemento económico e a competitividade do sector de automoción.2019Mobility Startup Europe HouseRecoñecemento de Startup Europe Awards (Fundación Finnova e DG Connect) ao BFA por promover a innovación, o emprendimiento e o europeísmo.2019Premio á “Mellor Iniciativa de Clusters en Modernización Industrial”Entregado pola Comisión Europea á rede EACN, da que CEAGA forma parte.2013Excellence in Practice AwardOutorgado á Universidade Corporativa CEAGA por EFMD na categoría Colaboracións e Network: “Cambio de rumbo organizacional: Enfoque, aliñación e construción para o éxito”.
Recoñecementos nacionais AnoRecoñecementoDetalles2020–2024Agrupación Empresarial InnovadoraCualificación de excelente outorgada polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR) a CEAGA e as súas empresas membro, tras valorar o seu Plan Estratéxico.2022Mellor proxecto colaborativo entre clustersRecoñecemento outorgado a CEAGA e outro sete clústeres de automoción polo proxecto colaborativo Foro de Excelencia 4.0. Premio entregado no X Congreso de Clusters e AEIs, dentro dos Premios á Colaboración Empresarial 2022, organizados por clusters.é.2022Premio "Best Hub" Startup OléPremio na categoría “Best Hub” outorgado ao BFA por Startup Olé, evento internacional de emprendimiento e innovación.2021I Premio Nacional de Mobilidade SostiblePremio na categoría “ONG, Fundación, Asociación” outorgado ao BFA, impulsado por CEAGA. Recoñece boas prácticas en mobilidade, con apoio do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.2018Proxecto Mellor DifundidoPremio outorgado pola Federación Nacional de Clusters e AEIs (Fenaeic) ao plan de comunicación do BFA e CEAGA para a difusión da aceleradora e os seus proxectos.2018Mellor Práctica en Parques Científicos e TecnolóxicosPremio outorgado ao BFA pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).
Recoñecementos rexionais AnoRecoñecementoDetalles2016–2020Premio “Proxectos Agrupados Industria 4.0”Primeiro premio outorgado pola Xunta de Galicia a CEAGA e 15 pemes pola súa proposta de transformación dixital en 2020. A iniciativa incluíu 15 proxectos liderados por pemes e foi premiada catro anos consecutivos: 2016, 2017, 2018 e 2020.2015Premio Vigués DistinguidoCondecoración outorgada polo Concello de Vigo ao Sector de Automoción de Galicia, en recoñecemento á súa contribución económica e social á cidade e a súa contorna.
Notas
Categoría:Industria automobilística Categoría:Organizacións de Galicia