Cometas Escolástico (en latín Cometas Scholasticus, en grego Κομητᾶς SCHολαστικος,) tamén coñecido como Cartulario (Chartularius, Χαρτουλάριος) foi un poeta romano oriental que viviu probabelmente no século IX. Traxectoria Foi autor de seis epigramas incluídos na Antoloxía grega. Por algúns dos seus epigramas sábese que fixo unha nova recompilación dos poemas homéricos e reformou a súa puntuación. En canto á época na que viviu, suponse que podería ser o Cometas, que foi mestre de gramática en Constantinopla durante a época do nobre Bardas, no reinado de Miguel III o Embríaco. Clemente de Alexandría menciona un Cometas entre os comentaristas de HomeroCometas Scholasticus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 815. Notas
Categoría:Poetas bizantinos Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século IX Categoría:Finados no século IX Categoría:Escritores en lingua grega