Supermarket é un filme montenegrino de 2023 escrito, producido, editado e dirixido por Nemanja Bečanović. Conta a historia dun home sen teito que vive agochado nun supermercado e que goza dos luxos que lle ofrece o sitio. Está protagonizado por Bojan Žirović, Branimir Popović e Ana Pejović. Foi descrito como unha reinterpretación moderna de Robinson Crusoe.
Foi escollido como candidato de Montenegro para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Bojan Žirović Branimir Popović como Robert Ana Pejović como Mimi
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Montenegro propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua serbocroata Categoría:Filmes de Montenegro Categoría:Filmes rodados en Montenegro Categoría:Filmes ambientados en Montenegro