O código ATC ou Sistema de Clasificación Anatómica, Terapéutica, Química (ATC: acrónimo de Anatomical, Therapeutic, Chemical classification system) é un índice de substancias farmacolóxicas e medicamentos, organizados segundo grupos terapéuticos. Este sistema foi insituido pola Organización Mundial da Saúde e adoptouse en Europa. O código recolle o sistema ou órgano sobre o que actúa, o efecto farmacolóxico, as indicacións terapéuticas e a estrutura química do fármaco
Está estruturado en cinco niveis:
1.- Nivel anatómico: órgano ou sistema no que actúa o fármaco. Existen 14 grupos en total A Sistema dixestivo e metabolismo B Sangue e órganos hematopoéticos C Sistema cardiovascular D Medicamentos dermatolóxicos G Aparello xenitourinario e hormonas sexuais H Preparados hormonais sistémicos agás hormonas sexuais J Antiinfecciosos en xeral para uso sistémico L Axentes antineoplásicos e imunomoduladores M Sistema musculoesquelético N Sistema nervioso P Produtos antiparasitarios, insecticidas e repelentes Q Uso veterinario R Sistema respiratorio S Órganos dos sentidos V Varios
2.-Nivel: subgrupo terapútico 3.-Nivel: subgrupo terapéutico ou farmacolóxico 4.-Nivel: subgrupo terapéutico, farmacolóxico ou químico 5.-Nivel: nome do principio activo ou da asociación farmacolóxica
Exemplo Na clasificación ATC o Diazepam ten o código: N05BA01
N → Sistema Nervioso - Grupo Anatómico principal 05 → Psicoléptico - Grupo Terapéutico principal B → Ansiolítico - Subgrupo Terapeutico Farmacolóxico A → Derivado Benzodiazepina - Subgrupo Químico-Terapéutico Farmacóloxico 01 → Diazepam - Subgrupo Químico
Véxase tamén Ligazóns externas WHO Collaborating Centre for Drug Statistics Methodology .
*