Celia Rico Clavellino, nada en Constantina, Sevilla, en 1982, é unha guionista e directora de cinema española.
Traxectoria Os seus inicios profesionais foron nos equipos técnicos de filmes como Blancanieves de Pablo Berger, Dictado de Antonio Chavarrías, 14 días con Víctor de Román Parrado ou Guest de José Luis Guerín .
Como directora iniciouse no 2012 con Luisa no está en casa, seleccionada polo Festival de Cine de Málaga e a Semana Internacional de Cine de Valladolid. No 2016 participu como guionista en Quatretondeta, nomeada aos Premios Goya en 2017.
A súa ópera prima como directora e guionista foi Viaje al cuarto de una madre, coa que gañou o premio ao mellor guión nos Premios Gaudí e no Festival Internacional de Cinema de Almería. Con Los pequeños amores logrou a Biznaga de Prata Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Málaga de 2024.
En La buena letra adapta a novela de Rafael Chirbes ao cinema, este filme obtivo a mención especial do Xurado no Festival de Málaga de 2025.
Notas
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla Categoría:Guionistas de España Categoría:Directores de cinema de España