Elisabete De Carvalho Oliveira, máis coñecida como Elisabeth Oliveira, nada en Roubaix (Francia) o 4 de decembro de 1971, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria
Filla de pai e nai portugueses criouse en Francia e instalouse na Galiza en 1995. É licenciada en Letras Modernas pola Universidade de Lille III e en Filoloxía Francesa pola USC. Impartiu a docencia durante 11 anos no IES Leliadoura de Ribeira, despois en Marín e tamén é profesora de francés no IES Valle Inclán de Pontevedra.
Poesis (2016) foi un libro-cedé con cento sesenta pezas de poesía e música en galego, portugués, francés e castelán -corenta en cada lingua-, coa colaboración dos cantautores Manoele de Felisa (galego), Gustavo Almeida (portugués), Cédric Lezais (francés) e Luis Quintana (castelán), con capa ilustrada por Antón Sobral e prólogo de Fina Casalderrey. miniatura|Participantes na Lonxa de versos 2025 (Pontevedra): Carmen Quinteiro Moreno, João Pedro Azul, Charo Valcárcel, Aurelino Costa, Xaime Toxo, Olga Santos, Armando González López, Elisabeth Oliveira (de esquerda a dereita) Náufragas no mar e na terra (2019) foi, segundo Ramón Nicolás "un libro de poemas marcado por dous elementos que o cruzan nas dúas partes en que se estrutura: a necesidade de evidenciar o papel que a historia deparou, e depara, á muller nunha ollada diacrónica e sincrónica por unha banda e, pola outra, erguer unha voz reivindicativa que evidencia a realidade cotiá que rodea á muller migrante".
En 2025 publicou o terceiro libro de poesía, As ninguén, segundo Ramón Rozas "unha proposta comprometida con sentirse muller na nosa sociedade e a maneira en que o tempo serve para construír unha identidade determinada".
Obras
Poesis (2016). Santiago de Compostela: Edizer SCP. 216 páxinas. ISBN 978-84-16121-49-6. Náufragas no mar e na terra (2019). Pontevedra: Urutau. 54 páxinas. ISBN 978-85-7105-160-7. Prólogo de Eli Ríos. As ninguén (2025). Vigo: Belagua Ed. 60 páxs. ISBN 978-84-129637-4-8.
Libros colectivos
Libres e vivas (2021). Vigo: Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9. Dez escritoras abordan en dez relatos a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade, da Igualdade. “Antoloxia do confinamento” poetas galegos e portugueses (2021). Concello de Pontevedra. Ed. de Antón Sobral. ISBN 978-84-09-30545-2.
Recoñecementos
En 2017 foi finalista no Premio Jovellanos ao mellor poema do mundo.
Notas
Categoría:Nados en Roubaix Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en 1971 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela