Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en ), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de Estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país. É o sucesor do papa Francisco. Primeiro papa na historia da orde dos agostiños e segundo papa procedente de América, o primeiro con nacionalidade estadounidense e o primeiro coa peruana.

Traxectoria Orixes e infancia Robert Francis Prevost naceu o 14 de setembro de 1955 en Chicago, Illinois, fillo de Louis Marius Prevost e Mildred Martínez. O seu pai, director de escola e tenente na Mariña dos Estados Unidos durante a Campaña do Mediterráneo da Segunda Guerra Mundial,(en) Lauren FitzPatrick et Nicole Winfield, «  », Chicago Sun Times,‎ 8 mai 2025 (en) « », Chicago Tribune,‎ 10 novembre 1997, p. 26 era de orixe francesa e italiana. A súa nai, bibliotecaria implicada na vida da parroquia, é de ascendencia española. Creceu nos suburbios do sur de Chicago cos seus dous irmáns, Louis Martín e John Joseph.(en) Lauren FitzPatrick, « From Chicago's south suburbs to helping choose the next pope », Chicago Sun Times,‎ 3 mai 2025

Ten devanceiros galegos porque o pai da súa tataravoa, Benito de Bastos Lorenzo, emigrou a Cuba, onde casou en 1677. Robert Prevost Martínez é a novena xeración dun emigrante de San Salvador de Torneiros.

É multilingüe e fala inglés, español, italiano, francés e portugués, e tamén le alemán e latín.

Completou os seus estudos secundarios no seminario menor da Orde de Santo Agostiño en 1973 e despois obtivo un título de bacharelato en matemáticas en 1977 na Universidade de Villanova (preto de Filadelfia). Ingresou aos agostiños o 1 de setembro de 1977, fixo os seus primeiros votos o 2 de setembro de 1978 e fixo a súa profesión solemne o 29 de agosto de 1981. Ao ano seguinte, obtivo a licenza en teoloxía da Unión Teolóxica Católica (CTU) de Chicago.

Sacerdote Robert Francis Prevost foi ordenado sacerdote pola Orde de Santo Agostiño o 19 de xuño de 1982 en Roma. Alí preparou a licenciatura en dereito canónico na Universidade Pontificia de Santo Tomé de Aquino, que obtivo en 1984.Vatican News,‎ 30 janvier 2023 Prevost foi entón enviado en misión cos agostiños ao Perú e converteuse en chanceler da prelatura territorial de Chulucanas ata 1986. En 1987 defendeu unha tese de dereito canónico sobre o papel do prior na súa Orde.

En 1987, foi convocado para os Estados Unidos como promotor vocacional e director de misións da provincia agostiña de Chicago. Regresou ao Perú en 1988, pasando os dez anos seguintes dirixindo o seminario agostiño de Trujillo e ensinando dereito canónico no seminario diocesano, onde tamén foi prefecto de estudos. Foi xuíz do tribunal eclesiástico comarcal e membro do Colexio de Consultores de Trujillo. Dirixiu unha case parroquia nos arredores pobres da cidade.

Responsabilidades na Orde En 1998, Robert Francis Prevost foi elixido provincial da provincia agostiña de Our Lady of Good Counsel (que abarca o Medio Oeste americano) e regresou a Chicago para ocupar este cargo o 8 de marzo de 1999.

En 2000, permitiu que James Ray, un sacerdote acusado de abuso infantil e baixo restrición pastoral desde 1991, residise no St. John Stone Priory de Chicago, a pesar da súa proximidade a un instituto católico, sen informar aos funcionarios da escola. Durante a súa estadía, Ray foi seguido por un controlador. Trasladárono a outra residencia en 2002 cando as regras da igrexa se fixeron máis estritas respecto dos sacerdotes acusados ​​de abuso infantil. En 2001, Prevost foi elixido Prior Xeral dos Agostiños por un mandato de seis anos, renovado en 2007. A súa elección en vinte minutos foi unha das máis rápidas da historia da Orde. De 2013 a 2014, Prevost foi Director de Estudos no Priorato de Saint Augustine en Chicago, así como Primeiro Conselleiro e Vicario Provincial.

Bispo de Chiclayo O 3 de novembro de 2014, o Papa Francisco nomeouno Administrador Apostólico da Diocese de Chiclayo e Bispo Titular de Sufar. Instalado o 7 de novembro de 2014, recibiu a consagración episcopal o 12 de decembro de mans do nuncio apostólico no Perú, James P. Green. O 26 de setembro de 2015 foi nomeado bispo de Chiclayo. Ese ano adquiriu a cidadanía peruana. O 13 de xullo de 2019, Prévost foi nomeado membro da Congregación para o Clero.

Do 15 de abril de 2020 ao 26 de maio de 2021 foi administrador apostólico da diocese de Callao (Perú). O 21 de novembro de 2020, Francisco nomeouno membro do Dicasterio dos Bispos.

Dentro da Conferencia Episcopal do Perú, Prevost é o vicepresidente segundo, que forma parte do consello permanente, de 2018 a 2023. En 2019 foi elixido presidente da Comisión de Educación e Cultura. O 1 de marzo de 2021, Prevost foi recibido nunha audiencia privada polo Papa Francisco, o que alimentou a especulación sobre un novo cometido, en Chicago ou Roma.

Dicasterio dos Bispos O 30 de xaneiro de 2023, Francisco nomeouno Prefecto do Dicasterio dos Bispos e Presidente da Pontificia Comisión para América Latina, co título de Arcebispo Emérito de Chiclayo. Substituíu nestas funcións ao cardeal Marc Ouellet, que alcanzou o límite de idade e é obxecto de denuncias por agresión sexual. Tomou as súas funcións o 12 de abril de 2023.

Cardeal O papa Francisco anunciou en xullo de 2023 a súa intención de crealo cardeal durante o consistorio do 30 de setembro de 2023. Nesta ocasión, recibiu o título de Cardeal Diácono de Santa Mónica.

O 6 de febreiro de 2025, o papa Francisco elevouno ao rango de cardeal-bispo e asignoulle a diocese suburbana de Albano.

En Roma era coñecido como o “yankee latino”, segundo The Washington Post.

Papa da Igrexa Católica O 8 de maio de 2025 foi elixido papa tras a cuarta votación do conclave, sucedendo a Francisco. Elixiu tomar o nome de León XIV e converteuse no primeiro papa nado nos Estados Unidos. As súas primeiras palabras aos fieis foron: "A paz estea con todos vós". Tamén agradeceu a Francisco que tendese pontes na Igrexa durante os seus doce anos como papa: "Temos que traballar xuntos para ser unha Igrexa que tende pontes de diálogo... a Igrexa ten que buscar sempre a paz... e estar ao lado de quen sofre". En español, fixo referencia á diocese de Chiclayo.

Posicións É cualificado como moderado ou centrista, respectado amplamente por progresistas e conservadores. Na súa primeira misa e discurso falou sobre unha igrexa para todos e que acolla a todos. Tamén mencionou a importancia das misións e de levar o Evanxeo a partes onde a súa mensaxe non é ben recibida.

Xénero O entón cardeal Prevost opúxose á inclusión dos currículos sobre as “ensinanzas de xénero nas escolas” no Perú, afirmando que a “promoción da ideoloxía de xénero é confusa, porque busca crear xéneros que non existen”.

Homosexualidade En 2012, sendo sacerdote, Prevost lamentou que a cultura popular fomente "a simpatía polas crenzas e prácticas que están en desacordo co Evanxeo", citando o "estilo de vida homosexual" e "familias alternativas compostas por parellas do mesmo sexo e os seus fillos adoptivos".

Ordenación da muller O Papa León XIV pronunciouse historicamente en contra da ordenación diaconal das mulleres.

Refuxiados Mentres servía como cardeal, León XIV demostrou apoio aos refuxiados. Criticou as medidas impostas por Donald Trump sobre a deportación masiva de inmigrantes. Ao ser nomeado papa asegurouse que comparte a posición de Francisco sobre as persoas vulnerábeis e o medio ambiente, tamén apoiou a decisión do seu predecesor de avalar a comuñón para persoas divorciadas e, máis levemente, a de permitir a bendición sacerdotal ás parellas da comunidade LGTB.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de papas

Categoría:Papas Categoría:Nados en Chicago Categoría:Relixiosos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Agostiños Categoría:Nados en 1955 Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Relixiosos católicos do Perú Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia cubana