dereita|miniatura|308x308px|A bandeira de Andalucía nun baile de verdiales. O nacionalismo andaluz define unha serie de símbolos nacionais andaluces, que ás veces coinciden cos oficiais da comunidade autónoma de Andalucía e outros inclúen modificacións ós oficiais actualmente.
O escudo O escudo de Andalucía é, oficialmente, un logotipo que mostra a figura dun Hércules novo entre as dúas columnas de Hércules que a tradición sitúa no estreito de Xibraltar, cunha inscrición aos pes dunha lenda que di: "Andalucía por sí, para España y la Humanidad", sobre o fondo dunha bandeira andaluza. Pecha as dúas columnas un arco de medio punto cas palabras latinas "Dominator Hercules Fundator", tamén sobre o fondo da bandeira andaluza. É aceptado polos nacionalistas salvo pola excepción de cambiar o lema inferior, que mudan por "Andalucía por sí, los pueblos y la Humanidad".
O creador do escudo de Andalucía foi Blas Infante, quen tomou moitos dos seus elementos do escudo da cidade de Cádiz. Na fachada da súa casa en Coria del Río (Sevilla), a "Casa de la Alegría", pódense contemplar uns azulexos co modelo orixinal do escudo andaluz, que permaneceu alí durante a Guerra Civil e o Franquismo.
Bandeira A Bandeira de Andalucía (tamén coñecida como Arbondaira o Arbonaida), segundo se define no artigo 3.1 do Estatuto de Autonomía de Andalucía:
Tanto a bandeira coma o himno e o escudo foron adoptados pola Xunta Liberalista de Andalucía despois da citada Asemblea.
A color verde denomínase "Verde Omeia Bandeira de Andalucía". En ambas caras e en situación centrada reprodúcese o Escudo Oficial de Andalucía que terá unha altura de dúas quintas partes do ancho da bandeira.
Os independentistas mudan o escudo oficial por unha estrela vermella de cinco puntas ou unha estrela tartésica, como se pode ver nas imaxes inferiores.
Himno
miniatura|Himno de Andalucía, partitura pdf Véxase aquí la letra. O himno de Andalucía é unha composición musical de José del Castillo Díaz con letra de Blas Infante. A música está inspirada no Santo Dios, un canto relixioso popular que os campesiños e xornaleiros dalgunhas comarcas andaluzas cantaban durante a sega. Blas Infante puxo este canto en coñecemento do Mestre Castillo, quen adaptou e harmonizou a melodía. A letra do himno apela aos andaluces para que se mobilicen e pidan "terra e liberdade", mediante un proceso de reforma agraria e un estatuto de autonomía política para Andalucía.
O himno de Andalucía foi presentado pola Banda Municipal de Sevilla, baixo a dirección de José del Castillo, nun concerto celebrado na Alameda de Hércules o 10 de xullo de 1936, unha semana antes do comenzo da Guerra Civil. Durante o Franquismo conservouse só un manuscrito para piano. Foi reestreado durante a transición democrática no Teatro Lope de Vega pola mesma banda o 18 de outubro de 1979. A partir de entón realizáronse multitude de versións do himno, sendo especialmente reseñables as revisións e instrumentacións realizadas por Manuel Castillo nos anos 1980.
Os nacionalistas andaluces mudan a estrofa na que di "Sea por Andalucía Libre, España y la Humanidad", substituíndo a palabra "España" por "Los Pueblos".
Estrela tartésica dereita|miniatura|Estrela tartésica A popular e estendida estrela de oito puntas que se forma por dous cadrados de lados iguais e con ángulos rectos, de orixe tartésico. Na antigüidade tivo función económica e comercial, polo que foi aprobada como símbolo para os vehículos de transporte e carga con licenza da Xunta de Andalucía.
Actualmente algúns partidos e asociacións andalucistas empréganna como símbolo característico e único de Andalucía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Blas Infante Nacionalismo andaluz
Categoría:Símbolos de Andalucía Categoría:Nacionalismo andaluz