Si convenit (latín: "se convén") é unha bula do papa Alexandre VI a favor dos reis Isabel de Castela e Fernando de Aragón. Datada o 19 de decembro de 1496, é coñecida sobre todo por darlles o título de Reis Católicos.

Contidos A bula enumera os méritos dos reis que os fan, a ollos do Consistorio, merecedores do título de "católicos"; principalmente atribúelles o defender e propagar a fe e a Igrexa católica "coas armas e co sangue". Máis especificamente, nomea a unificación dos reinos, a reconquista de Granada, a expulsión dos xudeus, a liberación dos Estados Pontificios e o Reino de Nápoles e os seus esforzos contra os otománs.

Texto da bula

É notable a ausencia de mencións ao traballo de evanxelización dos misioneiros nos novos territorios da Coroa; porén, a bula céntrase na Reconquista e as futuras campañas en África. Notas

Categoría:Obras literarias de 1496 Categoría:Obras literarias en latín Categoría:Documentos