Pontedeume é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. O seu xentilicio é eumés/eumesa. É un concello pequeno (29,26 km²) que en 2014 tiña unha poboación de 8 117 habitantes cunha alta densidade de poboación (277 hab./km²). Está situado entre as cidades da Coruña (38 km) e Ferrol (18 km), e preto de Betanzos (26 km) e As Pontes (31 km).

A vila de Pontedeume é unha das poucas poboacións galegas que conserva o seu centro histórico. As súas rúas e prazas manteñen moitos elementos tradicionais como os soportais, as casas con balcóns de madeira e galerías acristaladas, as fontes públicas e un gran número de edificios monumentais. Todo isto, unido a unha gran riqueza paisaxística e natural na súa contorna, fixo que en 1971 a comarca eumesa fose declarada Conxunto histórico e paraxe pintoresca. Pontedeume é un importante destino turístico, no seu territorio está un dos portais de acceso e o Centro de Interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume. Por Pontedeume pasa un dos Camiños de Santiago, o Camiño Inglés.

Xeografía miniatura|esquerda|230px|O Golfo Ártabro. Situación O concello está situado no Golfo Ártabro, no fondo da ría de Ares. Limita ao norte coa ría de Ares e o concello de Cabanas, ao leste co concello de Monfero, ao sur cos concellos de Vilarmaior e Miño, e ao oeste coa ría de Betanzos.

Orografía A zona oeste do concello está dominada polo monte Breamo de 305 metros de altitude, último contraforte da cadea montañosa que, partindo da serra da Loba, vai de leste a oeste ata chegar ao mar onde forma cantís. Neste monte esténdese a parroquia tamén chamada de Breamo. Na súa aba, e entre este monte e o mar, espállanse as parroquias de Boebre, Centroña e Pontedeume.

Na parte leste predomina un material xeolóxico do precámbrico ao paleozoico con terreos ricos en materia orgánica e boa drenaxe, tanto interna como superficial. O terreo vai gañando en altitude conforme se avanza, partindo da beira do río Eume, cara ao sur e ao leste, ata chegar aos límites cos concellos de Monfero e Vilarmaior. É precisamente nos límites con este último onde se encontra a maior altura do concello, o coto de Allegue, de 414 metros. Neste anfiteatro áchanse as parroquias de Vilar, Nogueirosa e Ombre. A parte máis oriental do concello, de forte pendente, coincide co tramo final do canón do Eume e está dentro do parque natural das Fragas do Eume.

Ao sur das alturas mencionadas está a parroquia de Andrade, a máis meridional do concello. miniatura|dereita|250px|Esteiro do río Eume.

Hidrografía O río máis importante é o Eume, un dos máis caudalosos de Galicia, que baña o concello polo norte e actúa como límite natural co concello de Cabanas. Xa no esteiro do Eume, desemboca o río de Covés ou de Esteiro que baixa das alturas de Andrade.

O territorio do concello está na conca do Eume, agás a parte meridional cuxos regatos verten nos ríos Xarío e Baxoi, que desembocan na ría de Betanzos en terras de Miño.

Clima O clima, igual que no resto dos concellos do Golfo Ártabro, é oceánico litoral ou húmido, o que fai que as temperaturas medias sexan moi suaves durante todo o ano (media de 14,4 °C), con febles oscilacións anuais (9,6 °C) e unhas precipitacións arredor dos 1.000 milímetros anuais, cunha diferenza de 100 milímetros entre os meses máis chuviosos (novembro e decembro con 129 mm.) e o máis seco (xullo con 29 mm.).

A continuación amósanse os datos mensuais dos valores medios de temperaturas e precipitacións:

{|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;width:80%;border:0px;text-align:center;line-height:100%" ! colspan= "14" style="background: #DDDDDD;" | 17px Temperaturas e precipitacións mensuais |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="10" | Mes ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xan ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Feb ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mar ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Abr ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mai ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xuñ ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xul ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ago ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Set ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Out ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Nov ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Dec ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ano |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="10;" | Temperatura media (°C) | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10,2 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,8 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 17,3 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 19,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 19,6 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10,5 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,4 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="10;" | Temperatura mínima (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 6,9 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 6,9 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 8,5 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,6 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,8 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,6 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 7,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 10,9 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="10;" | Temperatura máxima (°C) | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,2 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,6 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,6 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 16,7 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,4 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 21 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 22,8 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 23,4 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 22,2 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 19,2 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,7 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,7 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Precipitacións (mm) | style="background: #4169E1;" | 116 | style="background: #6495ED;" | 96 | style="background: #6495ED;" | 91 | style="background: #6495ED;" | 80 | style="background: #6495ED;" | 71 | style="background: #87CEEB;" | 47 | style="background: #87CEEB;" | 29 | style="background: #87CEEB;" | 40 | style="background: #6495ED;" | 69 | style="background: #4169E1;" | 101 | style="background: #4169E1;" | 129 | style="background: #4169E1;" | 129 | style="background: #FFFFFF;" | 998 |- | colspan="14" style="text-align:center;font-size:90%;"|Fonte: Climate-Data.org

Demografía No seguinte gráfico, asociado á táboa que lle segue, apréciase a evolución da poboación no último século

Evolución da poboación de: desde 1900 ata 2022 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2021 2022 5 943 6 344 6 584 7 056 7 755 8 286 8 201 8 107 8 408 8 817 8 912 8 342 7 657 7 563

Da análise dos datos dedúcese que durante o século XX houbo un crecemento sostido da poboación, agás un pequeno descenso nos anos cincuenta e sesenta, probabelmente debido á forte emigración, primeiramente a América e logo a Europa, que se produciu neses anos. Os estaleiros da ría de Ferrol, con gran presenza de traballadores eumeses, sufriron unha dura reconversión naval nos anos oitenta. A pesar de todo, os seus efectos negativos víronse minguados en parte pola declaración oficial da comarca de ZUR, cuxos beneficios permitiron o establecemento en Pontedeume dun pequeno tecido industrial (LAGASA, Einsa), que axudou a incrementar lixeiramente a poboación durante as dúas últimas décadas do século XX.

Pola contra, esta tendencia positiva inverteuse no século XXI, o que se traduciu nunha perda de poboación de máis de mil habitantes.

+ Poboación por tramos de idade (2022) Censo Total (%) Homes Mulleres Poboación total 7 563 3 617 3 946 Menores de 16 anos 851 (11%) 433 418 Entre 16 e 64 anos 4 586 (61%) 2 284 2 302 Maiores de 64 anos 2 126 (28%) 900 1 226

A poboación en 2022 era de 7 563 habitantes, dos que 3 617 (48%) eran homes e 3 946 (52%) mulleres. Algúns datos interesantes da poboación actual son: O desequilibrio de poboación de 329 mulleres máis ca homes, prodúcese maioritariamente no tramo de poboación de máis de 65 anos; isto indica que a esperanza de vida dos homes é sensibelmente inferior á das mulleres. Pola contra, os homes superan lixeiramente ás mulleres no tramo de idade dos menores de 16 anos. É unha poboación que está envellecendo paulatinamente: O grupo de poboación maior de 64 anos (28%) dobra amplamente ao de menores de 16 (só un 11%). Por riba diso, o crecemento vexetativo durante a última década foi negativo, concretamente en 2022 houbo 58 defuncións máis ca nacementos. Un dato positivo do ano 2012 foi o do movemento migratorio: nese ano houbo 10 persoas máis que se estableceron no concello cas que se foron. Este dato contrasta co último do ano 2022 cando houbo un saldo migratorio negativo de 40 persoas. A idade media sitúase nuns altos 49 anos.

Pódese concluír que a evolución demográfica do concello sitúase na tendencia xeral galega de estancamento demográfico. Pero ao mesmo tempo o concello vese favorecido polas actividades do sector servizos, facendo isto que a súa situación non sexa tan alarmante coma a doutros concellos moi envellecidos.

Morfoloxía urbana O crecemento urbanístico da vila de Pontedeume estivo sempre condicionado pola súa situación entre o monte Breamo, ao sur, e o río Eume, ao norte, nun terreo con forte pendente. Xa que logo, as direccións naturais de expansión son a leste e a oeste.

Etapas de crecemento Século XIII

A historia urbana de Pontedeume comeza coa concesión en 1270 por parte de Afonso X do título de vila a un asentamento que existía a rentes da ponte sobre o Eume.

Para protexer a recentemente creada vila fíxose necesario dotala dun bo sistema defensivo. Catorce anos despois da fundación, a vila xa contaba cun valado e portas de acceso. O sistema foise mellorando engadíndolle torres de vixilancia e robustecendo o contorno ata ter unha muralla que circunvalaba completamente a vila. Esta estaba constituída por un sistema de cuadrícula onde as rúas, dispostas paralela e perpendicularmente nas direccións N-S e L-O, dividían os soares de casas en trece bloques, posteriormente ampliados a catorce, que en ningún momento se apoiaban nas murallas.

Século XVII miniatura|dereita|250px|Praza da Calzada ou de San Roque, un dos primeiros lugares extramuros de expansión da vila. Xa aos poucos anos de erguérense as murallas existían edificacións extramuros. Así, construíuse a ermida das Virtudes ao leste da vila, probabelmente a finais do século XIV en tempos de Fernán Pérez de Andrade, o Boo; e na entrada sur, onde estaba a ermida de San Roque, vai crecendo un novo barrio aproveitando o paso do camiño real. Na parte oeste medraba tamén o barrio de Porto. A construción do convento dos agostiños no século XVI fai que estes soliciten insistentemente unha porta de acceso á vila por esa parte leste. Simultaneamente a poboación intramuros tamén foi medrando, de tal xeito que a rolda interior da muralla foi invadida polas casas que foron pegándose a aquela.